The Stooges
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| The Stooges | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Ann Arbor, Míchigan, |
| Período | 1967 – 1971 1972 – 1974 2003 – actualidade |
| Xénero(s) | hard rock, garage rock, proto-punk, punk rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Elektra, Columbia, Virgin |
| Membros | Iggy Pop Scott Asheton Steve Mackay James Williamson Mike Watt |
| Antigos membros | Dave Alexander Ron Asheton Billy Cheatham Jimmy Recca Bob Sheff Scott Thurston Zeke Zettner |
| Web oficial | Páxina oficial |
The Stooges (tamén coñecida coma Iggy and The Stooges) é unha banda estadounidense de hard rock procedente de Ann Arbor, Míchigan activa inicialmente de 1967 ata 1974, e posteriormente reformada no ano 2003. A pesar de vender moi poucos discos na súa primeira encarnación e de tocar a miúdo para un público indiferente e incluso hostil, The Stooges é considerada unha banda decisiva na aparición do punk rock, así como un grupo influente para o rock alternativo, o heavy metal e o rock en xeral.
Discografía[editar]
- The Stooges - 1969 (Elektra Records)
- Fun House - 1970 (Elektra Records)
- Raw Power - 1973 (Columbia Records)
- The Weirdness - 2007 (Virgin Records)