Haris Medunjanin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Haris Medunjanin
Medunjanin xogando co Gaziantepspor en 2012
Información persoal
Nome Haris Medunjanin
Nacemento 8 de marzo de 1985 (39 anos)
Lugar de nacemento Saraxevo
Altura 1,87 m.
Posición Mediocentro
Información de club
Club actual Philadelphia Union
Número 6
Carreira xuvenil
Swift Atletiek
AFC'34
AZ
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2008 AZ 25 (4)
2006–2007Sparta Rotterdam (cedido) 32 (7)
2008–2010 Valladolid 42 (7)
2010–2013 Maccabi Tel Aviv 46 (9)
2012–2013Gaziantepspor (cedido) 30 (4)
2013–2014 Gaziantepspor 32 (2)
2014–2016 Deportivo da Coruña 24 (2)
2016–2017 Maccabi Tel Aviv 33 (4)
2017– Philadelphia Union 0 (0)
Selección nacional
2006–2007 Países Baixos sub-21 4 (3)
2009– Bosnia e Hercegovina 54 (8)
Na rede
FIFA: 233167 UEFA: 95768 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de xaneiro de 2017.
Selección: actualizado a 10 de outubro de 2016.editar datos en Wikidata ]

Haris Medunjanin, nado en Saraxevo (RFS de Iugoslavia) o 8 de marzo de 1985, é un futbolista bosníaco nacionalizado neerlandés. Xoga de mediocentro e o seu equipo actual é o Philadelphia Union.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou na Primeira División na tempada 2008–09 co Real Valladolid. No conxunto pucelano estivo unha tempada máis, descendendo ao remate da campaña a Segunda División.

O 14 de agosto de 2014 fíxose oficial a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, cun contrato por tres tempadas.[1] O 29 de xaneiro de 2016, Medunjanin e o Deportivo chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato.[2]

O 31 de xaneiro de 2016, asinou un contrato de tempada e media co Maccabi Tel Aviv.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]