Rus de Kiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ки́евская Роу́сь
Kievska Rus'
Rus de Kiev

 

862–1349

Escudo

Capital Nóvgorod (até 882),
Kiev (desde 882)
Linguas
Goberno Aristocracia de liñaxe
Historia
 • Establecido 862
 • Disgregación 1349
Moeda Grivna
Precedido por
Sucedido por
Early Rus.png Khaganato de Rus
Chasaren.jpg Kházaros
República de Nóvgorod Nowogród.svg
Principado de Hálich-Volinia Alex K Halych-Volhynia-flag.svg
Principado de Vladímir-Súzdal Coat of Arms of Vladimir (1781).png
Principado de Kiev Alex K Kyiv Michael.svg
Principado de Smolensk Blank.png
Gran Ducado de Chernígov Alex Chernigiv.svg
Gran Ducado de Riazán Alex K Kyiv Michael.svg
Gran Ducado de Lituania Blank.png
Gran Ducado de Tver Rus-1389.png

A Rus de Kiev[1][2][3] (en ucraíno: Ки́ївська Русь, latinizado Kiivska Rus'; en ruso: Ки́евская Русь, Kievskaia Rus'; en bielorruso Кіеўская Русь, Kieuskaia Rus') ou Rus de Kiev —seguindo a transliteración do ruso—, tamén escrito Rus' de Kiev,[4] e tamén chamada Estado ruso antigo, foi unha federación de tribos eslavas orientais [5] que existiu desde finais do século IX até mediados do século XIII,[6] baixo o reinado da dinastía Rúrika.

Os estados modernos de Bielorrusia, Ucraína e Rusia reivindican ao Rus de Kiev como o su legado cultural.[7]

Este Estado alcanzou a súa maior extensión a mediados do século XI, cando se estendía desde o mar Báltico no norte até o mar Negro no sur, e desde as cabeceiras do río Vístula no oeste até a península de Tamán (no actual krai de Krasnodar, en Rusia) no leste,[8] [9] unindo a maioría das tribos eslavas orientais.[5]

A Rus de Kiev comezou co reinado do príncipe Oleg (ca. 882–912), que estendeu o seu control desde Nóvgorod ao val do río Dniéper co fin de protexer o comercio das incursións kházaras no leste e trasladou a súa capital, Nóvgord, á máis estratéxica Kiev.[5]

Sviatoslav I (?-972) realizou unha grande expansión do control territorial da Rus de Kiev. Vladimir o Grande (980–1015) introduciu no país o cristianismo co seu propio bautismo e, por decreto, a todos os habitantes de Kiev e máis alá. A Rus de Kiev alcanzou a súa maior extensión baixo Iaroslav I (1019–1054); os seus fillos prepararon e publicaron o primeiro código legal escrito, o Rússkaia Pravda, pouco despois da súa morte.[10]

O declive do Estado empezou a finais do século XI e durante todo o século XII, desintegrándose en varios poderes rexionais rivais.[11]

Ademais desta fragmentación territorial, debilitouse aínda máis por factores económicos, tales como o colapso das relacións comerciais da Rus con Bizancio debido á decadencia de Constantinopla [12] e a subseguinte diminución das Rotas comerciais entre os varegos e os gregos no su territorio.

O Estado caeu finalmente coa invasión mongol de 1240.

Orixes da Rus de Kiev[editar | editar a fonte]

De acordo coa Crónica de Néstor, a crónica máis antiga da Rus, un varego chamado Hrörekr (Rúrik, en ruso), o falcón,[13] estableceuse na cidade de Nóvgorod (foi elixido líder por varias tribos eslavas e finesas) contra o ano 860 antes de trasladarse ao sur e estender a súa autoridade a Kiev.

A Crónica refírese a el como patriarca da dinastía Rúrika.

Di así[14]:

No ano 6367 (859) os varegos de ultramar recibiron tributo dos chudos, eslavos, merias, veses, kríviches, (...)
No ano 6370 (862) provocaron que os varegos volveran do outro lado do mar, negáronse a pagarlles tributo e acordaron gobernarse de seu. Pero non houbo lei entre eles, e cada tribo levantouse contra a outra. A discordia cebouse así entre eles, e empezaron a guerrear entre si. Dixéronse: «elixamos un príncipe que mande sobre nós e que xulgue de acordo co costume». Así acudiron alén dos mares aos varegos, aos rus. Estes varegos chamábanse rus, como outros se chamaban suecos, outros normandos, outros anglos e outros godos. Os chudos, eslavos, kríviches e os ves dixeron aos rus: «A nosa terra é grande e rica, pero non hai orde nela. Que veñan logo reinar e gobernar príncipes sobre nós». E tres irmáns xuntáronse coa súa parentela e tomaron consigo a todos os rus e viñeron.
Crónica de Néstor
Mapa da Rus de Kiev, século XI.

Estes varegos asentáronse primeiro nas cercanías do lago Ládoga, trasladándose posteriormente a Nóvgorod e chegando finalmente a Kiev, acabando co tributo que os habitantes da cidade pagaban aos kházaros.

A Rus de Kiev foi fundada polo príncipe Oleg (Helgu nas crónicas kházaras) contra o ano 880. Durante os seguintes trinta e cinco anos, Oleg e os seus cabaleiros dominaron distintas tribos eslavas e finesas. En 907, Oleg dirixiu un ataque contra Constantinopla e, en 911 asinou un tratado comercial co Imperio bizantino en igualdade de condicións. O novo Estado de Kiev prosperou polo seu control sobre a rota desde o mar Báltico ao mar Negro e a Oriente, ademais de pola súa abundancia en peles, cera de abella e mel para exportar.

Dada a tendencia favorábel a Escandinavia na Primera Crónica Rusa (a Crónica de Néstor), algúns historiadores eslavos teñen discutido o papel dos varegos no establecimiento da Rus de Kiev. Durante o reinado de Sviatoslav (945-972), os gobernantes de Kiev adoptaron a relixión ortodoxa e nombres eslavos, pero a súa druzhina seguiu estando formada principalmente por escandinavos.

As conquistas militares de Sviatoslav foron impresionantes: onfrinxiu senllos impactos mortais aos seus dous veciños máis poderosos, Khaganato kházaro e o Imperio búlgaro, que caeron pouco despois das súas incursións.

A idade de ouro da Rus de Kiev[editar | editar a fonte]

Mapa dos principados da Rus de Kiev (1054-1132).

A rexión de Kiev dominou o estado completo durante os seguintes dous séculos. O gran príncipe (veliki knyaz) de Kiev controlaba as terras circundantes á cidade, e familiares seus teoricamente subordinados a el gobernaban noutras cidades e lle pagaban tributo. O apoxeo do seu poder chegou durante o reinado do príncipe Vladímir (Vladimir o Grande, 980-1015) e príncipe Iaroslav (o Sabio 1019-1054). Ambos os mandatarios continuaron a expansión do principado que comezara baixo Oleg.

Vladimir chegou ao poder en Kiev tras a morte de seu pai Sviatoslav I en 972, ao derrotar ao su hermanastro Iaropolk en 980. Como príncipe de Kíev, o maior logro de Vladímir foi cristianización da Rus de Kiev, proceso que emprendeu en 988. A Crónica indica que cando Vladimir decidiu aceptar a nova fe cristiá [15] en lugar do paganismo idólatra eslavo, mandou a algúns dos seus conselleiros e guerreiros máis cercanos a distintos países de Europa.

Tras visitar aos cristiáns de rito latino, xudeus e musulmáns, acabaron en Constantinopla. Alí quedaron tan asombrados pola grandeza da catedral de Santa Sofía (Άγια Σοφία. Hahía Sophía) e os servizos litúrxicos que nese momento decidiron que esa sería a fe oficial que adoptaría o Estado kievano. Tras o regreso, convenceron a Vladímir de que a fe dos gregos era a mellor opción; Vladímir emprendeu unha viaxe a Constantinopla, onde casaría coa princesa Ana, irmá do emperador bizantino Basilio II.

A opción polo culto oriental tamén reflectiu posibelmente os vínculos estreitos co Imperio, que dominaba o mar Negro e, por ende, a rota comercial máis importante para Kíev: o río Dniéper. A adhesión á Igrexa Ortodoxa Oriental tivo importantes consecuencias políticas, culturais e relixiosas a longo prazo. A igrexa tiñaa unha liturxia escrita en cirílico e unha colección de escrituras traducidas do grego para os pobos eslavos.

A existencia desta literatura facilitou a conversión ao cristianismo dos eslavos orientais e iniciounos nuna rudimentaria filosofía grega, á ciencia e á historiografía sen a necesidade de aprender grego antigo, a diferenza da poboación culta da Europa Occidental e Central, que continuaba manexando o latín. A independencia da autoridade romana e a falta de obriga de aprender latín fixeron que os eslavos orientais desenvoilveran a súa propia literatura e belas artes, substancialmente distintas das encontradas noutros países ortodoxos.

Iaroslav, coñecido como O Sabio, pugnou igualmente cos seus irmáns polo poder. Aínda que logrou impoñerse en Kíev no ano 1019, non foi recoñecido como líder en todo o principado até 1036. Como Vladímir, Iaroslav o Sabio preocupouse por entablar relacións amistosas co resto de Europa. Iaroslav casou a tres das súas fillas con príncipes estranxeiros, exiliados, que viviron no seu palacio: Isabel (Elizaveta) con Harald III de Noruega (que obtivo a súa man polas súas fazañas militares no Imperio bizantino); Anastasia (Agmunda) co futuro André I de Hungría, e a súa filla menor, Ana de Kíev, casou con Henrique I de Francia, e rexeu neste país durante a minoría de idade do seu fillo. Outra filla pode que fora Ágata, que casou con Eduardo o Exiliado, herdeiroi do trono de Inglaterra, e que foi madre de Edgar Atheling e Santa Margarida. A súa filla maior Dobroniega ou Dobroñeva (ou segundo outras fuentes a súa irmá) contraeu matrimonio con Casimiro I o Restaurador, rei de Polonia. Unha neta de Iaroslav, Eupraxia (Adelaida), filla do seu fillo Vsévolod I, casou con Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico. Iaroslav tamén pactou matrimonios para a súa irmá e as súas tres fillas cos reis de Polonia, Francia, Hungría e Noruega. Mandou construír o primeiro gran edificio do principado, a Igrexa Desiatínnaia de Kíev, así como a Catedral de Santa Sofía de Kíev e a Catedral de Santa Sofía de Nóvgorod. Patrocinou o clero autóctono e o monacato, ademais de atribuírselle a fundación dun sistema educativo. Os fillos de Yaroslav levantaron o gran Mosteiro das Covas de Kíev, que funcionou como academia eclesiástica.

Decadencia: o apoxeo dos centros rexionais[editar | editar a fonte]

Impartindo xustiza na Rus de Kiev.
Pintura de Iván Bilibin.

A Rus de Kíev non foi capaz de manter o seu estatus de potencia próspera e dominante, en parte polo aglutinamento de dominios moi dispares rexidos por un clan. A medida que os membros deste clan foron crecendo en número, identificáronse máis cos intereses rexionales que cun patrimonio común máis grande. Así, os príncipes enfrontáronse entre si, formando ás veces alianzas con grupos externos como os polacos ou os maxiares. Durante o período 1054-1224, non menos de 64 principados tiveron unha existencia efémera, 293 príncipes reivindicaron dereitos sucesorios e as súas disputas provocaron 83 guerras civís.

As cruzadas conduciron a un cambio nas rotas comerciais europeas, o que acelerou o declive de Kíev. En 1204, as forzas da Cuarta Cruzada saquearon Constantinopla, conseguindo así a decadencia da rota comercial do Dniéper. Co declive, Kíev escindiuse en varios principados e algúns grandes centros rexionales: Nóvgorod, Vladímir-Súzdal, Galicia-Volinia, Pólotsk, Smolensk, Chernígov e Pereiáslavl.

Os habitantes destes centros evolucionarían en tres nacionalidades: ucranínos no sueste e suroeste, bielorrusos no noroeste e rusos no norte e noreste.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kiev para a RAG. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ucraíno.
  2. Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2104. ISBN 9788482893600.
  3. Ás veces dise tamén en masculino, o Rus de Kiev.
  4. Segundo se utilice, ou non, o signo ruso e ucraíno ь (no caso de facer uso del, utilízase o apóstofo [']). Moitos idiomas que se escriben con caracteres latinos utilízano: por exemplo, croata, Kijevska Rus'; francés Rus' de Kiev; inglés Kievan Rus'; italiano, Rus' di Kiev; portugués, Rus' de Kiev)
  5. 5,0 5,1 5,2 John Channon & Robert Hudson, Penguin Historical Atlas of Russia (Penguin, 1995), p. 16.
  6. Kievan Rus, Encyclopædia Britannica Online.
  7. Plokhy, Serhii (2006). The Origins of the Slavic Nations: Premodern Identities in Russia, Ukraine, and Belarus. New York: Cambridge University Press. pp. 10–15. ISBN 978-0-521-86403-9. http://assets.cambridge.org/97805218/64039/excerpt/9780521864039_excerpt.pdf. "Pese a todas as notábeis diferenzas entre estes tres países postsoviéticos, teñen moito en común cando se trata da súa cultura e historia, que se remonta ao Rus de Kiev, o estado medieval eslavo oriental con sede na capital da Ucraína actual"
  8. Kyivan Rus’, Encyclopedia of Ukraine, vol. 2 (1988), Canadian Institute of Ukrainian Studies.
  9. See Historical map of Kievan Rus' from 980 to 1054.
  10. Bushkovitch, Paul. A Concise History of Russia. Cambridge University Press. 2011.
  11. Paul Robert Magocsi, Historical Atlas of East Central Europe, 1993, p. 15.
  12. "Civilization in Eastern Europe Byzantium and Orthodox Europe". http://occawlonline.pearsoned.com/bookbind/pubbooks/stearns_awl/chapter15/objectives/deluxe-content.html.
  13. En idioma serbo-lucitano Rurk é falcón. Tamién Rarog na mitoloxía eslava é un falcón de fogo. Aos obodritas, confederación de eslavos do mar Báltico, chamábanos asé mesmo Reregi, e a súa capital, Rerik. Moedas medievais encontradas en Rusia levan o símbolo que actualmente usa a República de Ucraína, que representa un falcón caendo sobre a súa presa; ese era o emblema da dinastía ruríkida dos eslavos bálticos. Ademais, o falcón é o motivo folclórico eslavo por antonomasia. Aínda hoxe en Polonia, na República Checa e en Eslovaquia utilízanse os nomes Rérik e Rírik, absolutamente autóctonos.
  14. Traducido desde o castelán
  15. E a obrigar mediente decreto a conversión dos seus súbditos.

Véxase tambén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rus de Kiev

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fennell, John (1983): The Crisis of Medieval Russia, 1200–1304. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). London: Longman. ISBN 0-582-48150-3.
  • Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). London: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
  • Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
  • Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]