Guerra ruso-xaponesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soldados rusos observan os mortos xaponeses

A Guerra ruso-xaponesa foi un conflito militar entre o Imperio Ruso e o xaponés que se estendeu desde o 10 de febreiro de 1904 ata o 5 de setembro de 1905 por mor das ambicións do dous estados sobre Manchuria e Corea e que rematou coa vitoria xaponesa e a derrota rusa foi o desencadeante da Revolución Rusa de 1905. As operacións bélicas desenvolvéronse sobre todo no sur de Manchuria, en especial na zona da Península de Liaodong e Mukden e nos mares que arrodean Corea, Xapón e o Mar Amarelo.

No plano militar, o conflito prefigurou as guerras do século XX pola súa duración (un ano e medio), pola cantidade de tropas que participaron (máis de 2 millóns de homes) e polas perdas (156.000 mortos, 280.000 feridos e 77.000 prisioneiros) así como tamén polo emprego de técnicas modernas.

No plano político, o enfrontamento ten a súa orixe na oposición directa entre os dous imperialismos, o xaponés e o ruso, este último co obxectivo estratéxico de obter un acceso permanente ao Océano Pacífico, pois o recentemente establecido porto de Vladivostok tan só era operativo no verán. Mentres que Por Arthur podía ser operativo todo o ano, as negociacións entre rusos e xaponeses entre a Primeira Guerra sino-xaponesa e 1903 non levaran a acordo ningún por considerar os xaponeses que esa zona quedaba dentro da súa rexión de influencia.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guerra ruso-xaponesa