Cienfuegos, Cuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cienfuegos é unha cidade de Cuba, capital da provincia homónima, coñecida como Perla del Sur. En 2005] tiña 186.644 habitantes. Está situada a 245 km da Habana.

Historia[editar | editar a fonte]

Debe a súa orixe ao interese das autoridades coloniais españolas por desenvolver novas cidades na illa. Foi fundada o 22 de abril de 1819 por colonos franceses e españois (baixo o mando de Luis De Clouet y Favrot) nunha excepcional baía, que serviu de refuxio a piratas. As rúas foron trazadas formando cuadrículas. A arquitectura ecléctica da cidade conserva abundante decoración neoclásica, xunto a antigos e modernos rañaceos e fermosos paseos e parques (o máis deles o "José Martí"). En xulio de 2005 o centro histórico urbano foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está localizada na chamada península da Majagua, á beira da baía de Jagua, de 88 km², ao fondo da mesma. Esta baía de nome aborixe (significa orixe, fonte, manancial, riqueza) está aberta ao mar Caribe por un estreito canal que serve de acceso ás embarcacións que usan o porto de Cienfuegos.

A diocese de Cienfuegos ten unha superficie de 5.360 km² e unha poboación de 485.000, dos cales 293.600 son católicos. Son 23 sacerdotes e 37 relixiosos que serven na diocese.