Molina de Segura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Molina de Segura é un municipio da Rexión de Murcia, capital da comarca da Veiga Media do Segura. O seu termo municipal ten unha extensión de 169 km². É a cuarta poboación en importancia da Rexión de Murcia, coas súas máis 62.463 habitantes (INE 2008), logo de Murcia, Cartagena e Lorca.

Está situada a 1 km da Paraxe en dirección norte. Molina de Segura dedícase fundamentalmente á agricultura de regadío (cítricos e hortalizas), ademais da industria conserveira que desta deriva. Na pedanía de Campotéjar, nos últimos anos realizáronse importantes transformacións de secaño a regadío coa dotación de augas do transvasamento Tajo-Segura, destacando a Comunidade de Regadores de Campotéjar. Os seus cultivos principais son froitas de arboledo de alta calidade, cuxo destino son os mercados europeos.