Crise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crise ecolóxica provocada polo afundimento do petroleiro Prestige nas costas de Galiza, representado na fotografía por un animal morto e cuberto de fuel

Crise (do latín crise, á súa vez do grego κρίσις) é unha conxuntura de cambios en calquera aspecto dunha realidade organizada pero inestábel, suxeita a evolución; especialmente, a crise dunha estrutura.

[editar] Tipos e características

Os cambios críticos, aínda que previsibles, teñen sempre algún grao de incerteza en canto á súa reversibilidade ou grao de profundidade, pois se non serían meras reaccións automáticas como as físico-químicas. Se os cambios son profundos, súbitos e violentos, e sobre todo traen consecuencias transcendentais, van máis alá dunha crise e pódense denominar revolución.

As crises poden acontecer a un nivel persoal ou social. Poden designar un cambio traumático na vida ou saúde dunha persoa ou unha situación social inestable e perigosa no político, económico, militar, etc. Tamén pode ser a definición dun feito ambiental a grande escala, especialmente os que implican un cambio abrupto. Dun xeito menos propio, refírense co nome de crise as emerxencias ou as épocas de dificultades.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas