Fernando IV de León e Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Fernando IV de León e Castela

Fernando IV de Borgoña, o Emprazado, nado en Alcázar de San Juan en 1285 e finado en Jaén en 1312, foi rei de Castela e de León desde 1295 ata a súa morte. Era fillo de Sancho IV o Bravo e de María de Molina, neto de Afonso X o Sabio.

Ó final do seu reinado ostentaba os títulos de Rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén e o Algarve.

Casado con Constanza de Portugal, filla de Dionisio I, coa que tivo dous fillos:

Rexencia[editar | editar a fonte]

Tiña nove anos cando morreu o seu pai, polo que asumiu a rexencia e tutoría a súa nai, María de Molina, ata que o rei acadou a maioría de idade en 1301. Fernando fora xa proclamado rei en Toledo en 1295, con numerosa representación dos tres brazos políticos de León e de Castela, pero este acto non foi senón o comezo duns anos turbulentos en que non cesaron as intrigas e as loitas polo poder por parte da nobreza e dos reis de Aragón, Portugal e Francia.

Foi un reinado azaroso e difícil. Durante catorce anos desatouse unha gran anarquía contra a que loitou con bastante tino a raíña rexente, muller moi sabia e de gran intelixencia e dominio político. María de Molina puido conter bastantes desaforos e conseguiu manter no trono ó seu fillo Fernando. As loitas internas e rivalidades viñan como unha herdanza do reinado anterior. De novo saíron á luz as pretensións do infante Juan, Señor de Valencia de Campos, (tío do xoven rei, que fora inimigo acérrimo do seu propio irmán Sancho IV, e as do primoxénito de la Cerda, o fillo de don Fernando de la Cerda, (fillo á súa vez de Afonso X o Sabio), e por tanto, curmán do rei Fernando IV. Estes dous inimigos souberon aliarse co rei de Portugal, Afonso IV o Bravo, co de Aragón, Xaime II e co de Francia, Filipe IV o Fermoso, que era señor de Navarra e que quixo aproveitar as loitas e desavenencias para ensanchar os seus dominios, pero non conseguiu nada.

Os nobles levantábanse contra o rei e pedían novas mercedes en pago dunha certa lealtade, pero unha vez obtidas volvían ós seus feudos para maquinar novas sublevacións. Pouco a pouco e gracias ó gran prestixio que tiña é ó bo facer político, María de Molina foi conseguindo desarmar a estes nobres sublevados. Incluso o infante don Juan chegou a prestar obediencia ó rei, e o rei de Portugal aplacou os seus ánimos belicosos. Dona María loitou con tódalas súas armas por manter en paz o trono e poderllo entregar ó seu fillo en condicións bastante favorables, aínda que os historiadores contan que cando Fernando IV acadou a maioría de idade, mostrouse ingrato coa súa nai e incluso lle pediu contas da inversión dos fondos públicos, fondos que se empregaran en boa parte para manter a paz. A raíña nai soubo afrontar con entereza e dignidade a situación de humillación na que a puña o seu fillo e presentou as contas ó pé da letra, nas que se podía ver como ela puxera diñero propio para o erario. Tamén presentou as xoias de Sancho IV, intactas, a requirimento do seu fillo, máis as súas propias.

Reinado[editar | editar a fonte]

Unha das decisións importantes do novo rei foi o acordo de fronteiras co rei de Aragón en 1304, chamado Sentencia Arbitral de Torrellas: o límite para Castela estableceuse na marxe dereita do río Segura, incluíndo a cidade de Murcia. Foi un convenio pouco favorable para Castela. Despois quixo aplacar as pretensións do seu curmán don Alonso de la Cerda, para o que mandou que se lle concediesen moitas vilas e lugares. A paz durou pouco, pois o outro rival, o seu tío o infante Juan, rebelouse de novo, aínda que finalmente dona María de Molina conseguiu facer fracasar o intento.

Uniuse cos reis de Aragón e Portugal para a conquista de Granada, pero este intento foi un fracaso. Si tivo éxito na conquista de Xibraltar, onde entrou triunfante en agosto de 1305.

Fernando IV tiña na mente atacar e conquistar Alxeciras, que era unha praza moi importante, pero lle sorprendeu a morte na preparación desta empresa en Xaén. Unha lenda sobre morte fala da maldición dos irmáns Carvajales, inimigos do monarca.

A lenda conta que Fernando IV sentía un gran odio por estes dous rivais, Juan e Pedro Alfonso de Carvajal. Pediu ó seu favorito Juan Alfonso de Benavides que os asasinase. Houbo unha loita en lexítima defensa, pero como no altercado morreu o nobre favorito do rei, este mandou prender ós irmáns, que foron hallados e detidos n feira de Medina del Campo (Valladolid), cando compraban os arreos para os seus cabalos. O castigo consistiu en encerralos nunha gaiola no castelo de Martos (preto de Xaén), e facelos despeñar ós poucos días polo precipicio. Os irmáns Carvajal declaráranse inocentes, pois a morte do nobre fora en defensa propia e non por asasinato, así que no momento antes de morir emprazaron ó rei a unha morte segura cando pasase un mes, no caso de seren realmente inocentes, (xuízo de Deus). O rei morreu ó mes xusto da execución, por iso foi coñecido como o Emprazado.


Fernando IV de León e Castela
Nacemento: 6 de Decembro 1285 Falecemento: 7 de Setembro 1312


Títulos Reais
Precedido por
Sancho IV


Rei de Castela
1295–1312
Sucedido  por
Afonso XI
Rei de Toledo
1295–1312
Rei de Xaén
1295–1312
Rei de Córdoba
1295–1312
Rei de Murcia
1295–1312
Rei de León
1295–1296 1300–1312
Sucedido  por
Xoán Afonso de Borgoña
Só entre
1296 e 1300
Rei de Galiza
1295–1296 1300–1312
Rei de Sevilla
1295–1296 1300–1312