Jumilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jumilla é un municipio do norte da Rexión de Murcia (España), situado na comarca do Altiplano. Conta con 24.124 habitantes (INE 2006). O municipio é famoso polos seus viños.

O seu termo municipal ten unha extensión de 972 km² (o segundo lugar en extensión, do conxunto de municipios da Rexión de Murcia, por detrás de Lorca e por diante de Moratalla). A súa altitude media é de 600 msnm.