Foro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. |
O termo foro pode referirse a:
- En historia
- Foro, contrato esencialmente agrario e de longa duración, mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas. Tamén se denomina foro o canon ou mercadoría con que se pagaba anualmente ese arrendamento, e a propiedade cedida a cambio do pagamento do canon foral.
- En historia e dereito
- Foro, privilexio ou exención que unha autoridade concedía a un determinado territorio, rexión, vila etc., ou a unha familia ou individuo da nobreza. Constituía un estatuto xurídico aplicábel nun determinado lugar cuxa finalidade era, en xeral, regular a vida local. Foi un sistema de dereito local utilizado na península Ibérica a partir da alta Idade Media, e constituíu a fonte máis importante do dereito altomedieval nas monarquías peninsulares.
- En historia, arte, dereito, comunicación
- Foro, praza da antiga Roma que constituía o centro da vida pública. Por derivación, este termo deu lugar a numerosos foros:
- O foro, praza onde se trataban os negocios públicos e onde o pretor celebraba os xuízos durante o Imperio romano
- Foro, lugar onde un tribunal de xustiza exerce as súas funcións.
- Foro, ou curia, conxunto de avogados, procuradores e empregados da administración de xustiza.
- Foro, tipo de reunión onde distintas persoas discuten en torno a un tema de interese común. É, esencialmente, unha técnica de comunicación oral, pero tamén pode ser virtual:
- En dereito
- O aforamento, a denominación utilizada en Dereito para designar os privilexios ou normas especiais que se aplican a unha ou varias persoas (aforados) por algún motivo, particularmente a súa condición de pertenza a un colectivo privilexiado o de xurisdición privativa: