Oriol Bohigas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio Meridiana.

Oriol Bohigas i Guardiola nado en Barcelona o 20 de decembro de 1925 é un arquitecto español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1943 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, onde se graduou en 1951. En 1961 obtivo o título de urbanista e no ano 1963 o de Doutor Arquitecto. Ó rematar os seus estudios, en 1951 fundou xunto a outros arquitectos o Grupo R. Ese mesmo ano asociouse con Josep Martorell e en 1962 con David Mackay formando o estudio de arquitectura MBM Arquitectes. Foi presidente da editorial Edicions 62 (1975-1979). No ano 1977 foi nomeado Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, cargo que abandonou en 1980 para ser Delegado da área de Urbanismo do Ayuntament de Barcelona ata 1984. Desde ese momento pasou a ser concelleiro de Urbanismo do Ayuntament de Barcelona, o que lle permitiu proxectar a política urbanística das grandes infraestructuras para Barcelona co motivo dos Xogos Olímpicos de 1992. En 1991, foi elixido concelleiro de Cultura do Ayuntament de Barcelona. Entre 1981 e 1988 foi presidente da Fundación Joan Miró. Dende o 2007 é o presidente do Ateneo Barcelonés[1], cargo dende o cal iniciou a restauración e mellora da súa biblioteca. É catedrático Emérito pola Universidade Politécnica de Cataluña e Doctor Honoris Causa pola Universidade Técnica de Darmstadt e a Universidade Menéndez Pelayo.

Obras destacadas de MBM Arquitectes[editar | editar a fonte]

Premios e galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Oriol Bohigas