Eusebi Güell

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Eusebi Güell i Bacigalupi (Barcelona 1846—1918), Conde de Güell.

Industrial e político, estivo casado con Isabel López Bru, filla do Marqués de Comillas. O seu pai, Joan Güell i Ferrer, nacido en Torredembarra, amasou unha considerable fortuna durante a súa estancia en Cuba, instalándose ó seu regreso en Barcelona, onde promoveu diversas industrias. A súa nai, Francisca Bacigalupi, pertencía a unha familia de comerciantes xenoveses instalados en Barcelona a finais do século XVIII, tendo o seu irmmán unha industria textil na ciudad condal, concretamente na zona de Sans, sendo a empresa reconvertida en "Vapor Vell" cando posteriormente Güell se asociou con el.

Eusebi Güell, ó igual que o seu pai, adicouse ós negocios, creando novas empresas nos sectores máis prometedores. O futuro conde de Güell, grazas á desafogada situación familiar, puido estudiar Dereito, Economía e Ciencias Aplicadas en Barcelona, Francia e Inglaterra. Asociado con Ferran Alsina, crea en Santa Coloma de Cervelló unha fábrica de panas, que foi a base da Colonia Güell (1891). Posteriormente, en 1901, funda a Compañía Xeral de Asfaltos e Portland Asland. Ademais foi conselleiro das empresas da familia da súa esposa: Banco Hispano-Colonial, Compañía de Tabacos de Filipinas, Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, etc.

Eusebi Güell interviu ademais en política e en amplos sectores relacionados coa cultura. Foi elexido rexidor de Barcelona (1875), exerceu de Deputado Provincial (1878), e foi Senador do Reino. Como activo propulsor da cultura catalana, foi presidente e mantedor dos 'Jocs Florals' de 1900, membro da Academia de San Jordi, e presidente do Centre Català. Grazas á amizade e ó mecenazgo que mantivo co arquitecto Antoni Gaudí, o seu apelido é coñecido internacionalmente: Parc Güell, Colonia Güell, Pazo Güell e Ádegas Güell. Faleceu, precisamente, na súa casa do Parque Güell, o 8 de xullo de 1918. Home de extensa cultura, publicou libros sobre diversas disciplinas, que foron traducidos a varios idiomas. Entre outras obras destaca un traballo científico: L’immunité par les leucomaïnes (1889). Foi tamén un aceptable debuxante e acuarelista.

O rei Alfonso XIII tivo predilección por ampliar a nobreza outorgando títulos ós que contribuíran a engrandecer economicamente a España, entre eles ós que obtiveran grandes fortunas en ultramar. Á familia Güell acumuláronselle os títulos. Por vía matrimonial chegoulles o de Marqués de Comillas, título que ostenta na actualidade un descendente de Güell. A el mesmo, Eusebi Güell, industrial, mecenas e político, concedéuselle o condado de Güell. Uns anos despois, Alfonso XIII concedería ós fillos de Eusebi Güell un vizcondado e unha baronía.

Ferramentas persoais