Dorrón, Sanxenxo
| San Xoán de Dorrón | |
|---|---|
| igrexa parroquial | |
| Concello | Sanxenxo |
| Área | 5,6 km² |
| Poboación | (Ano 2007) 1.376 hab. |
| Densidade | 245,7 hab./km² |
| Entidades de poboación | 13 |
San Xoán de Dorrón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 1.412 habitantes (660 homes e 752 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2000 cando tiña 1.328 habitantes.
A igrexa parroquial, construída en 1764 sobre un templo románico, é de planta rectangular dividida en dous tramos. Un consta de dous arcos que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior, e o outro é rectangular e de menor anchura, coa sancristía como engadido.
No frontal exterior, con pináculos nas esquinas, destaca unha espadana de dúas campás.
No seu interior destaca o retablo barroco da Capela do Carme.
Índice |
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Dorrón
| Lugares da parroquia de Dorrón no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Areas | Barreiro | Casal | O Castro | A Costa | Os Cotos | Freixeiro | A Granxa | Magaláns | O Outeiro | Recarei | Reguengo | Rodeiras | A Torre |
[editar] Parroquias de Sanxenxo
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Sanxenxo | |
|---|---|
|
Adina (Santa María) | Arra (San Amaro) | Bordóns (San Pedro) | Dorrón (San Xoán) | Gondar (San Tomé) | Nantes (Santa Baia) | Noalla (Santo Estevo) | Padriñán (San Xenxo) | Vilalonga (San Pedro) |