Portonovo, Adina, Sanxenxo
Coordenadas: 42°23′33″N 08°49′25″W / 42.39250°N 8.82361°W
| Portonovo | |
|---|---|
| Localización da vila de Portonovo no concello de Sanxenxo. | |
| Parroquia | Adina |
| Concello | Sanxenxo |
| Poboación | 2.184 hab. (ano 2009) |
Portonovo é unha das tres vilas do concello de Sanxenxo, xunto coas de Vilalonga e Sanxenxo, sendo o núcleo máis poboado do concello, con 2.184 habitantes en 2009 (1.084 homes e 1.100 mulleres), o que representa unha diminución respecto ó ano 2008, cando tiña 2.213 habitantes.
Está situado na parroquia de Adina, coa que normalmente se identifica. Actualmente están integrados, total ou parcialmente, no casco urbano da vila os lugares de Barbeito, Vista Alegre e Canelas.
Está delimitado ó oeste pola praia de Paxariñas, limítrofe coa parroquia ou priorato de Arra, hoxe unida á da Adina, e ó leste pola praia de Baltar -ou de Portonovo- e a punta do Bicaño, que o separa do núcleo urbano de Sanxenxo. Ademais destas dúas praias conta tamén coa praia de Canelas, ó oeste e a praia de Caneliñas, no centro urbano.
A súa actividade económica baséase historicamente na pesca, cun gremio de mareantes de especial relevancia durante a idade Media. Hoxe en día a pesca está a pasar a un plano secundario por mor do crecemento do sector turístico do concello e, en xeral, de toda a comarca.
Froito desta gran tradición pesqueira, conta cunha confraría de pescadores, inaugurada no ano 1924 (por Castelao), así como un importante porto pesqueiro recentemente ampliado e unha moderna lonxa informatizada.
Índice |
Galería de imaxes[editar]
Lugares e parroquias[editar]
Lugares de Adina[editar]
| Lugares da parroquia de Adina no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Baltar | Barbeito | A Barrosa | Canelas | O Catadoiro | Fabal | Forxán | A Igrexa | O Outeiro | Paxariñas | O Pombal | Portonovo | Rial | A Torre | O Vinquiño | Vista Alegre | A Xesteiriña |