Nikola Tesla
Nikola Tesla (en cirílico serbio: Никола Тесла), nado en Similjan, Croacia, no seo dunha familia serbia, o 10 de xullo de 1856 e falecido en Nova York o 17 de xaneiro de 1943, foi un físico, matemático, inventor, e enxeñeiro eléctrico.
Índice |
[editar] Traxectoria
Educouse en Graz e en Praga, onde estudou enxeñería eléctrica. No ano 1881 trasladouse a Budapest para traballar nunha compañía de telégrafos norteamericana, trasladándose a París o ano seguinte para traballar nunha das compañías de Thomas Alva Edison, onde realizou a súa maior achega: a teoría da corrente alterna en electricidade, o cal permitiulle idear o primeiro motor de indución en 1882. En 1884 trasládase a Nova York, creando a súa propia compañía en 1886 tras romper as súas relacións laborais con Edison.
En 1887 consegue construír o motor de indución de corrente alterna e traballa nos laboratorios Westinghouse, onde concibe o sistema polifásico para trasladar a electricidade á longas distancias. En 1893 consegue transmitir enerxía electromagnética sen cables, construíndo o primeiro radiotransmisor (adiantándose a Guglielmo Marconi). Nas cataratas do Niágara construíuse a primeira central hidroeléctrica grazas aos descubrimentos de Tesla en 1893, conseguindo en 1896 transmitir electricidade á cidade de Búfalo (Nova York).
Co apoio financeiro de George Westinghouse, a corrente alterna substituíu á continua, sendo Tesla considerado coma o fundador da industria eléctrica. En 1891 inventou a bobina que leva o seu nome. A unidade de campo magnético no Sistema Internacional de Unidades tamén leva o seu nome.
Nikola Tesla ideou un sistema de transmisión de electricidade inalámbrico, de tal forma que a enerxía podería ser levada dun lugar a outro mediante ondas. Este sistema baseábase na capacidade da ionosfera para conducir electricidade, a potencia transmitíase a unha frecuencia de 6 c/s cunha enorme torre para valerse da resonancia Schumann coma medio de transporte. Sábese hoxe en día que esta frecuencia era de 7,83 c/s e non de 6, explicando isto a gran necesidade de Nikola Tesla de empregar enormes potencias para os seus experimentos.
[editar] Representacións de honra
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Tesla, un xenio tomado por tolo, El Mundo, 10 de febreiro de 2011. (en castelán)
- Nikola Tesla Museum (en inglés)
- Vida e legado de Tesla (en inglés)
- Tesla Memorial Society of New York (en inglés)
- NikolaTesla.fr - More than 1,000 documents on Tesla (en inglés) (en francés)