Motor de indución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo magnético xirante como a suma de tres vectores.

Motor de indución é un motor eléctrico construído de tal maneira que se teñen dous campos magnéticos xirantes.

Os motores de indución son máquinas eléctricas, concretamente máquinas asíncronas. Un motor de indución é composto basicamente de dúas partes: Estator e Rotor. O espazo entre o estator e o rotor é denominado entreferro. O estator constitúe a parte estática e o rotor a parte móbel. O estator é composto de chapas finas de aceiro magnético tratadas termicamente para reducir ao mínimo as perdas por correntes parasitas e histerese. Estas chapas teñen o formato de un anel com rañuras internas (vista frontal) de tal maneira que podan ser aloxados enrolamentos, os cales por súa vez, cando en operación, deberán crear un campo magnético no estator. O rotor tamén é composto de chapas finas de azo magnético tratadas termicamente, co formato tamén de anel (vista frontal) e cos enrolamentos aloxados lonxitudinalmente.

Principio de funcionamento[editar | editar a fonte]

Ao aplicar ao estator un sistema trifásico equilibrado prodúcese un campo magnético xirante (teorema de Ferraris) en sincronismo coa frecuencia da rede eléctrica.

A velocidade co campo xirante depende da frecuencia da rede e do número de pólos:

n = -\frac{f \times 60} {p}

Onde n é a velocidade do campo en rotacións por minuto, f a frecuencia da rede (en Europa 50 Hz e p o número de pares de pólos) Ao estar o circuíto do rotor fechado comezan a circular por el correntes inducidas que se opoñen á variación de fluxo (Lei de Lenz), estas correntes fan que se produza unha forza no rotor tendente a que este xire en sincronismo co campo xirante, porén, se se alcanzase este sincronismo deixaría de haber variación de fluxo e polo tanto non habería corrente nen forza, polo que o motor nunca alcanza o sincronismo e ten un "escorregamento" s


s = \frac{n-n_e} {n}


onde n é a velocidade do campo xirante e ne a velocidade do rotor.

O motor de indución é o motor de construción mais simple. Estator e rotor son montados solidarios, con un eixo comun aos “aneis” que os compoñen. A aplicación de tensión nos enrolamentos do estator irá facer con que apareza unha tensión nos enrolamentos do rotor. Asi, o estator pode ser considerado como o primario de un transformador e o rotor como seu secundario.

Este tipo de motor cando accionado por unha turbina e operando con unha rotación acima da síncrona pode xerar potencia activa e entregala ao sistema onde está conectado.

Rotor de gaiola de esquío.

Tipos[editar | editar a fonte]

Hai dous tipos básicos de motores de indución:

  • Con rotor en gaiola de esquío
  • Con aneis rozantes: os circuítos do rotor terminan nun anel concéntrico co rotor e onde fai contacto unha escoba que transmite a corrente aos terminais do rotor, que son accesíbeis.


Máquinas eléctricas
Máquinas de corrente continua Máquinas síncronas Máquinas asíncronas Transformadores
Dinamo Motor de indución