George Westinghouse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Westinghouse.jpg

George Westinghouse, Jr., nado en Nova York o 6 de outubro de 1846 e finado na mesma cidade o 12 de marzo de 1914, foi un inventor estadounidense e o principal responsábel da adopción da corrente alterna para a subministración de enerxía eléctrica nos Estados Unidos, para o cal houbo de vencer a enconada oposición do popular inventor Thomas Edison, partidario da corrente continua, quen chegaría a financiar a invención da cadeira eléctrica como parte deste desacordo. Este fito histórico deu en chamarse a "guerra das correntes".