Moeda constantiniana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Múltiplo de áureo da ceca de Ticinum, datado en 313. A/ Busto de Constantino I a carón do Sol Invictus (Cabinet des médailles). 39,79 g.

A moeda constantiniana é a que constitúe o conxunto das emisións monetarias producidas polas cecas imperiais romanas desde o momento en que o emperador Constantino I (324-337) acadou o título de único Augusto, en 324, ata a morte de Xuliano (361-363), que supón a fin da dinastía constantiniana.

Durante este período, logo do falecemento do primeiro gobernante cristián, liberáronse guerras fratricidas como a producida en 340 entre Constantino II (337-340) e Constante I (337-350),[1] ou a que tivo lugar entre 351 e 352 entre Constancio II (337-361) e o usurpador Magnencio (350-353).[2]

Cecas constantinianas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cecas da Antiga Roma.

Ademais das cecas tetrárquicas instituídas por Diocleciano (284-305), engadíronse outras catro á produción de moeda constantiniana:

No entanto, produciuse o pechamento doutras catro:

Periodización e temáticas[editar | editar a fonte]

Constantino I o Grande, primeiro emperador cristián e proxenitor da dinastía Constantiniana.
Títulos imperiais de Constantino I Número de veces Datación do acontecemento
Tribunicia potestas 33 anos consecutivos.[15] De 306 ao 22 de maio de 337.[15]
Cónsul 8 veces.[15] En 307 (I), 312 (II), 313 (III), 315 (IV), 319 (V), 320 (VI), 326 (VII), 329 (VIII).
Salutatio imperatoria 32 veces.[15] A primeira en 306, cando foi proclamado Caesar; logo en 307 (2° e 3°) e en 308 (4°), e renovada anualmente de xullo de 309 a xullo de 336.[15]
Cognomina ex virtute (títulos vitoriosos) - Germanicus maximus IV (en 307, 308, ca. 314 e 328-329.[16][17][18][19][20]

- Sarmaticus maximus III [17] (317/319,[21] 323[16] e 334[16]).[18][19][20]

- Gothicus maximus II (328 ou 329 e 332).[16][17][18][20]

- Dacicus maximus (336). [16][17]

- Adiabenicus (antes de 315).[20]

- Arabicus maximus (entre 315 e 319).[21]

- Armeniacus maximus (entre 315 e 319).[21]

- Britannicus maximus (antes de 315).[20][21]

- Medicus maximus (antes de 315).[20][21]

- Persicus maximus (en 312/313).[22]

Outros títulos - Caesar (de 306 a 313) e Augustus (de 313 a 337).[15]

- Pater Patriae, Felix, Invictus, Proconsul e Pontifex Maximus (en 307).[15]

- Maximus (desde 312).[15]

- Victor, en substitución de Invictus (desde 324).[15]

Da unificación do Imperio á morte de Constantino I (325-337)[editar | editar a fonte]

A fase abranguida entre a reunificación imperial (325) e o pasamento de Constantino o Grande (337) serviulle ao emperador cristián para reorganizar tanto a Administración civil como a relixiosa, ademais de consolidar todo o sistema defensivo ao longo dos cursos do Rin e do Danubio, e de obter importantes éxitos militares, que lle propiciaron o control de boa parte deses territorios que xa pertenceran a Roma anteriormente e que foran abandonados por Galieno (253-268) e Aureliano (270-275): desde Alamannia (os Campos Decumanos) ata Sarmatia (chaira ao sur do Tisza e rexión do Banato) e ata a Gothia (Oltenia e Valaquia). E tamén a partir deses anos, Constantino seguiu a utilizar como as súas residencias imperiais favoritas Serdica, Sirmium e Tesalónica, á parte de Nicomedia.

O 18 de setembro de 335, Constantino elevou o seu sobriño neto Dalmacio ao rango de Caesar e asignoulle a Tracia, Acaia e Macedonia (con probable capital en Naisso, na actual Serbia)[23], coa tarefa principal de defender esas provincias dos godos, que as ameazaban coas súas incursións.[24] Deste xeito, Constantino dividiu o Imperio en catro partes, tres para os seus fillos e unha para o seu sobriño. O nomeamento de Dalmacio, porén, debeu atopar a oposición do exército,[25] que revelou a súa preferencia polo acceso da liña dinástica directa ao trono.

A seguir, algúns exemplos das súas cuñaxes:

Imaxe Valor Anverso Reverso Datación Outros datos Catalogación
Follis CONSTANTINUS AVG, cabeza laureada cara á dereita. SARMATIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo. 324/325 19 mm

2,97 g

Ceca de Sirmium

RIC VII 48.
Follis FL IVL CRISPVS IVN NOB CAES, cabeza laureada á dereita. ALEMANNIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo. 324/325 20 mm.

3,15 g

Ceca de Sirmium

RIC Crispus, VII 49.

LRBC 803.

Follis CONSTANTINVS IVN NOB CAES, busto laureado e acoirazado cara á dereita. ALEMANNIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo. 324/325 20 mm

3,40 g

Ceca de Sirmium

RIC Constantinus II, VII, 50.
Follis FL HELENA AVGVSTA, busto drapeado da nai de Constantino I, Flavia Xulia Helena, co diadema imperial, cara á dereita. SECVRITAS REI PVBLICE, a Securitas da República Romana en pé cara á esquerda, con ramo na man dereita. STR no exergo. 325-326 19 mm

3,45 g

Ceca de Augusta Treverorum. (2ª officina)

RIC VII 465.
Follis FLAV MAX FAVSTA AVG, busto drapeado cara á dereita de Flavia Fausta, a muller de Constantino. SALVS REIPVBLICAE, Fausta en pé como a Salus, cara á esquerda, cos fillos Constantino II e Constancio II no colo. CONS no exergo. 326 19 mm

3,07 g

Ceca de Constantinopla

RIC Constantinus, VII 12.

LRBC 976.

Follis CONSTAN-TINVS AVG, busco cara á dereita con cabeza laureada. D N CONSTANTINI MAX AVG, campamento romano con dúas torres; estrela encima; P unha palma T no exergo. 326/327 17 mm

3,44 g

Ceca de Ticinum (1ª officina)

RIC VII 205.
Sólido Cabeza de Constantino I cara á dereita cun diadema de tres ringleiras de perlas; os ollos cara ao ceo. GLORIA CONSTANTINI AVG, Constantino en pé, con lanza e espada nas mans, e trofeo no ombreiro esquerdo; dous prisioneiros atados aos seus pés; SMTS no exergo. 327 6,83 gm

Ceca de Tesalónica

RIC Constantinus I, VII 163 var. (diadema)
Follis [...] CONSTANTINUS MAX AUG, cabeza de Constantino I con diadema; busto drapeado e acoirazado cara á dereita. GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con escudo e lanza, en pé e un fronte ao outro con dous estandartes no medio. AQ P no exergo. 334/335 16 mm

2,71 g

Ceca de Aquileia (1ª officina)

RIC Constantinus, VII 124.
Sólido CONSTANTI-NVS MAX AVG, cabeza diademada; busto drapeado e acoirazado cara á dereita. VICTORIA CO-NSTANTINI AVG, a Vitoria andando cara á dereita, con trofeo e fronde de palma nas mans; crismón e LXXII no campo; SMAN no exergo. 335/336 4,42 g

Ceca de Antioquía

RIC VII 100
Fracción de follis FL DELMATIVS NOB C, cabeza laureada; busto drapeado e acoirazado cara á dereita. GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con lanza e escudo; en pé un fronte ao outro, cun estandarte no medio; SMTSB no exergo. 336/337 17 mm

1,55 gm

Ceca de Tesalónica (2° officina).

RIC Delmatius, VII 228.
Fracción de follis FL DELMATIVS NOB C, cabeza laureada e busto drapeado e acoirazado cara á dereita. GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con lanza e escudo; en pé un fronte ao outro, cun estandarte no medio; AQ S no exergo. 336/337 18 mm

1,22 gr
Ceca de Aquileia (2° officina)

RIC Delmatius, VII 142.
Follis CONSTANTI-NVS MAX AVG, cabeza laureada de Constantino cara á dereita. SPES PVBLICA, lábaro no centro, con tres medallóns e, no alto, un cristograma; abaixo unha serpe; CONS no exergo. 337 2,97 g

Ceca de Constantinopla

RIC VII 19.
Sólido FL HANNIBALIANO REGI, cabeza laureada de Anibaliano cara á dereita. SE-CVRITAS PVBLICA, o río Éufrates deitado cara á dereita; CONSS no exergo. 337 Ceca de Constantinopla RIC VII 147.

LRBC 1034.

Os fillos e os netos de Constantino I (337-363)[editar | editar a fonte]

As fronteiras setentrionais e orientais á morte de Constantino I, cos territorios engadidos nos trinta anos de campañas militares (306-337), ademais da división do Imperio entre os seus fillos e netos: Constantino II (337-340), Constante I (337-350), Constancio II (337-361), Dalmacio César (335-337) e Anibaliano (335-337).

A situación logo do falecemento de Constantino o 22 de maio de 337, mentres estaba a preparar unha campaña militar contra os sasánidas, presentaba un poder repartido entre os seus fillos e o seu neto, todos co título de César. Deles, Constancio II (337-361), implicado na supervisión das fortificacións fronteirizas no norte de Mesopotamia,[26] regresou axiña a Constantinopla, onde organizou os actos funerarios do seu pai; con este xesto reforzou os seus dereitos como sucesor e obtivo o apoio do exército, compoñente fundamental da política de Constantino.

Durante o verán de 337 o exército masacrou os membros masculinos da dinastía constantiniana e outros membros destacados do Estado, e apenas sobreviviron os tres fillos de Constantino e dous dos seus sobriños pequenos (Galo e Xuliano, fillos do seu medio irmán Xulio Constancio) .[27] As motivacións deste masacre non son claras: segundo Eutropio, Constancio non estaba entre os seus promotores, aínda que o certo é que non amosou oposición nin condenou os asasinatos.[28] No entanto, para Zósimo o organizador foi Constancio.[29] En setembro do mesmo ano, os tres césares restantes (Dalmacio fora vítima da purga purga) reuníronse en Sirmium, en Pannonia, onde o 9 de setembro foron aclamados emperadores polo exército e repartiron entre eles o Imperio: Constancio viu recoñecida a súa soberanía sobre o Oriente.

A división do poder entre os irmáns non durou moito: Constantino II morreu en 340, mentres intentaba derrocar a Constante I; en 350, Constante foi derrocado polo usurpador Magnencio, e pouco despois Constancio II converteuse no único emperador, e reuniu unha vez máis o Imperio en 353). A partir de aí veu un período de 25 anos de guerras nos límites orientais contra os sasánidas, primeiro baixo Constancio II e despois baixo Xuliano (entre 337 e 363).[30]

En 361, Xuliano foi proclamado Augusto, César na Galia. O seu goberno durou só dous anos, aínda que tivo unha grande importancia, tanto polos seus intentos de establecer un sistema relixioso politeísta (por iso se lle chamou o Apóstata) como pola campaña militar emprendida polos sasánidas.

A seguir, algúns exemplos das cuñaxes da dinastía Constantiniana posteriores a Constantino I:

Imaxe Valor Anverso Reverso Datación Outros datos Catalogación
Follis FL MAX THEO DORAE AVG, busto cara á dereita da muller de Constancio Cloro, Flavia Maximiana Teodora. PIETAS ROMANA, a Piedade en pé de fronte ollando cara á dereita, cun cativo no colo; •TRS• no exergo. 340 15 mm

1,62 g

Ceca de Augusta Treverorum (2ª off.)

RIC VIII 65.

LRBC 113.

Sólido DN CONSTANS PF AVG, cabeza de Constante I cara á dereita. FEL TEMP REPARATIO ("retorno do período feliz"), Constante I en pé nun barco de guerra, cruzando o canal da Mancha para ir a Britania en 342; SMTS no exergo. 342 Ceca de Tesalónica
Centenional CONTANT-IUS P[31] F[32] AUG, cabeza laureada e diademada, e busto drapeado e acoirazado cara á esquerda, cun orbe na man. FEL TEMP REPAR-ATIO, un soldado con lanza avanza cara á dereita, ollando á esquerda, e conduce un cativo fóra dunha casoupa baixo unha árbore; AQP • no exergo. 348/350 4,82 g
Ceca de Aquileia (1ª officina)
RIC Contantius II, VIII 102.

LRBC 887.

Centenional D N CONSTAN TIVS P F AVG, cabeza de Constancio II cara á dereita, con busto drapeado e acoirazado. FEL TEMP REPARATIO, o emperador en pé cara á esquerda sobre unha galera, con Fénix e lábaro, e a Vitoria na popa; TESE no exergo. 350 18 mm

2,91 g

Ceca Tesalónica (5ª officina)

RIC VIII 119.

LRBC 1641.

Siliqua D N CONSTAN TIVS P F AVG, cabeza diademada de Constancio II cara á dereita; busto drapeado e acoirazado. Grilanda de loureiro, e dentro dela, en catro ringleiras: VOTIS / XXX / MULTIS / XXXX; SIRM no exergo. 351 21 mm

3,14 g

Ceca de Sirmium

RIC VIII 17.
Ás DN CONSTANTIUS NOB C(aesar), cabeza diademada de Constancio Galo cara á dereita; busto drapeado e acoirazado; A á súa esquerda. HOC SI[G]NO VICTOR ERIS, Constancio en pé de fronte, coa cabeza cara á esquerda, cun lábaro e unha lanza; ao seu lado a Vitoria cunha palma, coroándoo; III no campo; ASIRM no exergo. 351 21 mm

4,94 g

Ceca de Sirmium (1ª officina)

RIC VIII 31.
Sólido D N CONSTANTIVS MAX AVG, cabeza diademada de Constancio II cara á dereita; busto drapeado e acoirazado. GLORIA REI PUBLICAE, Roma e Constantinopla no trono, a primeira de fronte, a segunda cara á esquerda; entre elas un escudo no que se le: VOT/XXX/MVLT/XXXX en catro liñas; TES no exergo. 351 20 mm

4,36 g

Ceca de Tesalónica

RIC VIII 150.
Sólido D N CONSTANTI-VS NOB CAES, cabeza de Constancio Galo cara dereita; busto drapeado e acoirazado. GLORIA REI-PVBLICAE, Roma (con lanza) e Constantinopla (cun cetro e cun arco no pé) no trono, a primeira de fronte, a segunda cara á esquerda; entre elas un escudo no que se le: VOT/V/MVLT/X en catro liñas; *TES* no exergo. 351 4,44 g

Ceca de Tesalónica

RIC VIII 149.
Sólido FL IVL CONSTANTIVS PERP AVG, cabeza cun diadema de perlas e busto acoirazado. VICTORIA AVGUSTORVM, a Vitoria sedente cara á dereita sobre unha armadura, cun escudo na man coa lenda VOT/XV/MVLT/XX en catro liñas, axudada por un xenio; SMANΔ no exergo. A moeda conmemora os 15 anos de reinado. 352 4,51 g

Ceca de Antioquía

RIC VIII 25.
Centenional DN CONSTANTIVS P F AVG, cabeza cara á dereita con diadema de perlas; con busto acoirazado. FEL TEMP REPARATIO, soldado en pé cara á esquerda, apunta a lanza contra un cabaleiro caído (un sármata dos Limigantes). No exergo •ASIRM•. 359 17 mm

2,84 gm

Ceca de Sirmium (1ª officina)

RIC Constantius II, VIII 75.

LRBC 1612.

Siliqua DN IVLIAN-VS P P AVG, cabeza cara á dereita con diadema de perlas; busto acoirazado. VOT/V/MVLT/X en catro liñas, dentro dunha grilanda; SCON no exergo. 360/361 17 mm

1,81 g

Ceca de Arelate (2ª officina)

RIC Fl.Claudius Iulianus, VIII 295.
Sólido FL IVL CONSTANTIVS PERP AVG, cabeza de fronte con diadema de perlas; busto acoirazado. GLORIA REPVBLICAE, Roma e Constantinopla sosteñen un escudo no que está escrito VOT XXX MVLT XXXX; no exergo SMANΔ. 361 Ceca de Antioquía RIC VIII, 165.
Centenional FL CL IVLIA-NVS P P AVG, cabeza cara á esquerda con busto de perlas; busto acoirazado. VOT/X/MVLT/XX en catro liñas, dentro dunha grilanda de loureiro; BSIRM no exergo. 361/362 20 mm

3,04 g

Ceca de Sirmium (2ª officina)

RIC Fl.Claudius Iulianus, VIII 108.

LRBC 1619.

Centenional FL CL IULI-ANUS P F AUG, testa cara á esquerda, diademada, con helmo e coiraza; escudo e espada. VOT / X / MVLT / XX en catro liñas, dentro dunha grilanda de loureiro; TESA no exergo. 361-363 20 mm

2,96 g

Ceca de Tesalónica (1ª officina)

RIC VIII 228.

LRBC 1697.

Sólido FL CL IVLIA-NVS P P AVG, cabeza cara á esquerda, cun diadema de perlas; busto acoizazado. VIRTVS EXERCI-TVS ROMANORVM, un soldado en pé avanza cara á dereita e olla cara á esquerda, con trofeo no ombreiro e coa man na cabeza dun prisioneiro; SIRM no exergo. 361/362 4,28 g

Ceca de Sirmium

RIC Fl.Claudius Iulianus, VIII 95.
Sólido FL CL IVLIA-NVS P P AVG, cabeza á dereita, cun diadema de perlas; busto acoirazado. VIRTUS EXERCITUS ROMANORUM, un soldado en pé avanza cara á dereita e olla cara á esquerda, con trofeo no ombreiro e coa man na cabeza dun prisioneiro; ANTI no exergo. 363 4,47 g

Ceca de Antioquía

RIC VIII 201.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aurelio Víctor. De Caesaribus, 41.22. / Aurelio Vítor, Epitome, 41.21. / Eutropio. Breviarium historiae romanae., X, 9.2. / Sozomeno. Εκκλησιαστική Ιστορία / Historia Ecclesiastica, III, 2.10. / Zósimo. Hitoria nova, II, 41-2. Zonaras, III, 5.7-16.
  2. Amiano Marcelino, Storie XVI, 12.5. Codex Theodosianus, XV, 14.5. Eutropio, X, 12. Sozomeno, IV, 4. Zósimo, II, 43.
  3. "Knowing the Roman imperial mints: II- Arelate". Aeternitas Numismatics.
  4. Hendy, M. F. (2008). Páxinas 392 e 397.
  5. "Knowing the Roman imperial mints: VI- Constantinople". Aeternitas Numismatics.
  6. "Amiens". En Nicholson, O. (2018) The Oxford Dictionary of Late Antiquity. Vol 1. Páxina 61. ISBN 978-0-19-881624-9
  7. Taylor, E. (2005). The Maxentian Mint at Ostia.
  8. Ceca de Londinium”. En Tesorillo.com
  9. "Roman Mints: Londinium (London, England)". Forum Ancient Coins.
  10. RIC VII 205.
  11. "Knowing the Roman imperial mints: IV- Ticinum". Aeternitas Numismatics.
  12. Savio, A. (2001). Páxina 201.
  13. Chiaravalle, M. (1990). "La produzione delle zecche di Milano e di Ticinum". En Sena, G. Milano capitale dell'Impero romani (286-402 d.C.). Milán. Páxina 47.
  14. "Mediolanum: Milan, Italy". Forum Ancient Coins.
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 15,7 15,8 Scarre, C. (1995 -a-). Páxina 214.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Barnes, T. D. (1976). "Victories of Constantine". En Zeitschrift fur Papyrologie und Epigraphik. 20. Páxinas 149-155.
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 CIL VI, 40776
  18. 18,0 18,1 18,2 CIL VIII, 8477 (p 1920).
  19. 19,0 19,1 CIL VIII, 10064.
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 CIL VIII, 23116.
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 CIL VIII, 8412 (p 1916). Inscrición datable en 319 na que se atopan diversos títulos votoriosos: «Imperatori Caesari Flavio Constantino Maximo Pio Felici Invicto Augusto pontifici maximo, Germanico maximo III, Sarmatico maximo Britannico maximo, Arabico maximo, Medico maximo, Armenico maximo, Gothico maximo, tribunicia potestate XIIII, imperatori XIII, consuli IIII patri patriae, proconsuli, Flavius Terentianus vir perfectissimus praeses provinciae Mauretaniae Sitifensis numini maiestatique eius semper dicatissimus».
  22. Eusebio de Cesarea, Historia ecclesiastica, IX, 8, 2-4 / Giovanni Malalas, Cronografia, XII, Páxina 311, 2-14.
  23. Barnes, T. D. (1982). Páxina 87.
  24. Annales Valesiani, XXXV.
  25. Aurelio Vítor, Liber de Caesaribus, XLI, 15: «obsistentibus valide militaribus».
  26. Cameron, A.; Garnsey, P. (1998). Páxina 12.
  27. En particular, foron asasinados os medios irmáns de Constantino I, Xulio Constancio, Nepociano e Dalmacio; algúns dos seus fillos, como Dalmacio César e Anibaliano, e algúns funcionarios, como Optato e Ablabio.
  28. Eutropio. Breviarium historiae romanae. X.9.
  29. Zósimo. Storia nuova, II, 40.
  30. Whittaker, C. R. (1997). Páxina 143.
  31. PIO
  32. FELIX

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Fontes primarias[editar | editar a fonte]

Textos historiográficos[editar | editar a fonte]

Textos numismáticos[editar | editar a fonte]

Catalogación numismática[editar | editar a fonte]

  • (BMCRE): H. Mattingly. (1923-1975). Coins of the Roman Empire in the British Museum (BMCRE). Londres. Vol. 6.
  • Calicó, X. & F. (2003). The Roman Aurei. Barcelona. Vol. 2.
  • (LRBC): Carson, R. A. G. et al. (1978). Late Roman Bronze Coinage. Londres.
  • (RIC): Roman Imperial Coinage. 10 Volumes. Londres. 1926-1994.
  • (RCV): Seaby, H. A. (1954). Roman coins and their values. Londres.