Cónsul romano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roma
Monarquía
República
Imperio
Principado Dominado
Imperio de Occidente Imperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
Maxistrados Extraordinarios:
Oficiais e Títulos:
Institucións e normas:

Levou o nome de Cónsul a maxistratura romana formada que substituíu á monarquía á fronte do Estado (Véxase República Romana). Cada ano elixíanse dous cónsules.

Progresivamente van perdendo atribucións: primeiro algunhas facultades xudiciais civís e criminais (delegadas en Cuestores ou Decenviros nomeados en cada caso); despois as súas decisións deberon ser referendadas polo Senado; despois perdeu a administración do Tesouro (en favor dos Cuestores) e a dos arquivos públicos; despois perdeu o control das arcas do exército (en favor dos Cuestores Militares); máis tarde perdeu as súas funcións de censor (en favor dos Censores) e de nomear as vacantes do Senado (tamén atribuídas aos Censores); despois perdeu a facultade de nomear Cuestores (que pasou aos comicios tribunados); logo perdeu outras atribucións xudiciais (en favor do Pretor); despois as competencias sobre festas, policía e mercados (en favor dos Edís Curuis), e tamén a facultade de nomear ditador (que pasou ao Senado). Ao final só conservaba algunhas funcións menores, o poder executivo das leis e o mando do Exército.

As funcións dos cónsules, ao aumentar o territorio, houberon de ser delegadas para cada provincia: primeiro en cuestores insulares con funcións consulares (nas illas desde o -227.) e despois coa figura do procónsul (ou propretor) para Hispania Citerior e Ulterior (-197.).

O -190 estableceuse que para acceder ao Consulado debía pasarse con anterioridade polas maxistraturas inferiores, cun tempo de inactividade prefixado entre cada maxistratura (véxase cursus honorum). Como ocorreu coa censura, esta disposición fixo que o consulado fose accesíbel case en exclusiva á aristocracia.

Os Cónsules foron patricios ata as Leis do -367. (387 de Roma). Do 387 ao 412 de Roma, a cuestión é debatida, con alternativas; do 412 ao 581 de Roma, houbo un cónsul patricio e un plebeo; desde o 582 de Roma, ostentan o cargo ben un patricio e un plebeo ou ben dous plebeos, e nunca dous patricios.

Cónsul sufecto (consul suffectus)[editar | editar a fonte]

É un substituto nomeado polo Senado cando un cónsul morría no ano do seu exercicio ou se vía incapacitado. Non sempre se fixo a substitución; ás veces o cargo quedou vacante, aínda cando faltasen varios meses para concluír o ano de mandato. O nome do cónsul sufecto engadíase á lista de cónsuis de Roma como un máis, adquirindo de inmediato a categoría consular.

A cámara do Senado requiría a presenza do outro cónsul para nomear un sufecto. Deuse o caso no ano -90 da grande impotencia da cámara cando tras morrer o cónsul Catón, o seu colega Lucio Xulio César se negou a acudir a Roma para o nomeamento do sufecto.

O nome do cónsul sufecto elixido inscribíase nos Fasti consulares (lista de cónsules) e ademais esta persoa tiña dereito á categoría de consular como o resto dos cónsuis.

Consular[editar | editar a fonte]

Todo aquel que fora cónsul entraba na categoría de consular. Gozaba dunha serie de privilexios e de grande estima e respecto por parte do Senado. Adoitábase a cederlle a palabra antes que aos maxistrados máis novos. En moitos casos foron nomeados gobernadores dunha provincia co apelativo de procónsul. Tamén foron os encargados do abastecemento de gran.

Signos externos e vestiduras[editar | editar a fonte]

Os dous cónsules levaban unha escolta de 12 lictores (unha mestura entre garda persoal e gardacostas), pero só durante o mes en que lles correspondía, como se explicou máis arriba. Os símbolos externos da súa autoridade consistían nos fasces que portaban os lictores e nun cetro de marfil (scipio eburneus) coa imaxe dunha aguia no alto.

A súa vestidura civil ordinaria era a toga e a túnica co laticlave (latus clavus) ou banda de púrpura. En ocasións especiais levaban a toga bordada (toga picta). Na guerra levaban lorica (coiraza), paldamentum (capa por riba da coiraza) e parazonium (espada curta), como calquera soldado.


Lista de cónsules romanos[editar | editar a fonte]