Batalla da Ponte Milvio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soño de Constantino I e batalla da Ponte Milvio

A batalla da Ponte Milvio aconteceu o 28 de outubro de 312, enfrontáronse os emperadores romanos Constantino I e Maxencio, o gañador foi Constantino e foi o primeiro chanzo que puxo fin da Tetrarquía e que conduciu a que Constantino quedase como único gobernante do Imperio Romano.

A causa subxacente da batalla era a disputa que duraba cinco anos entre Constantino e Maxencio sobre o control da metade occidental do Imperio e que chegou a hostilidade aberta na primavera de 312, atravesou o norte de Italia e chegou a Roma en outubro, acampou na proximidades da Prima Porta, Maxencio aproveitando a superioridade numérica do seu exército decidiu atacar antes que cruzase a Ponte Milvio e entrase na cidade, Constantino, un hábil xeneral, saíu vitorioso, empurrou as tropas de Maxencio cara ao Tíber, Maxencio decidiu recuar pola única vía que había libre, pola ponte Milvio e unha ponte de barcas colocada ao seu lado, que colapsou, masacrando as tropas de Constantino a gran parte do exército de Maxencio. Constantino entrou en Roma e proclamado único Augusto de occidente, mantendo aínda a tetrarquía. Constantino atribuíu a vitoria ao deus dos cristiáns e anulou a prohibición do seu culto nos dominios que controlaba. As cohortes pretorianas vencidas, que quitaran e puxeran emperadores, non se reconstituíron máis, desaparecendo da historia de Roma.