Jeff Adrien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeff Adrien
Jeff Adrien pregame 2011-27-04.JPG
Charlotte Bobcats – No. 4
Aleiro / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 10 de febreiro de 1986 (27 anos)
Florida Naples, Florida
Nacionalidade Estados Unidos Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 106 kg (233 lb)
Instituto Brookline HS (Brookline, Massachusetts)
Brewster Academy (Wolfeboro, New Hampshire)
Información da carreira
Universidade Connecticut (2005–2009)
Pre-draft club Club Baloncesto Breogán
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Flag of the United States.svg UConn Huskies (2005-2009)
Flag of Galicia.svg Breogán Lugo (2009-2010)
Flag of the United States.svg Golden State Warriors (2010)
Flag of the United States.svg Erie BayHawks (2010)
Flag of the United States.svg Rio Grande Valley Vipers (2010)
Flag of the United States.svg Golden State Warriors (2010-2011)
Italia Benetton Treviso (2011)
Flag of the United States.svg Houston Rockets (2011-2012)
Flag of Russia.svg BC Khimki (2012)
Flag of the United States.svg Rio Grande Valley Vipers (2012)
Flag of the United States.svg Charlotte Bobcats (2012-presente)

Jeff Adrien, nado o 10 de febreiro de 1986 en Naples, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense, que xoga actualmente nos Charlotte Bobcats da National Basketball Association (NBA). Xogou en Galicia para o Club Baloncesto Breogán na Liga LEB, procedente da Universidade de Connecticut, onde era o capitán do equipo.

Despois dunha tempada en Lugo[1] foi invitado ao campus de baloncesto dos Golden State Warriors, pasando finalmente a formar parte do seu cadro de xogadores. Tras 23 partidos tivo que deixar o equipo. Posteriormente xogaría na Lega italia coa Benetton Treviso, o que tras unha boa actuación serviulle para pasar a formar parte do cadro de xogadores dos Houston Rockets, até ser cesado en febreiro. Cunha altura de 2,01 metros, pode xogar tanto de ala-pivote como de pivote.

Índice

Traxectoria [editar]

Instituto [editar]

Adrien acudiu ao Instituto Brookline en Massachusetts. Destacou no seu ano "sophomore", cando o equipo de Brookline chegou a disputar a final do campionato estatal. Como "senior", o equipo de Adrien acadou de novo a final campionato estatal. Despois da súa graduación en 2004, Adrien acudiu á Academia Brewster, en Nova Hampshire por realizar un ano de posgrao, xogando na Amateur Athletic Union, antes de entrar na Universidade de Connecticut cunha bolsa de estudos integral.

Universidade [editar]

Adrien xogou de ala-pivote para os UConn Huskies. Na tempada 2007-2008 da NCAA Adrien foi nomeado para o Mellor quinteto da Big East Conference, liderando ao equipo en puntos (14,8) e rebotes (9,7). Como capitán do equipo na tempada de 2008-2009, Adrien fixo medias de 13,7 puntos e 10 rebotes por partido, facendo un dobre-dobre de media. En 2009, o Huskies clasificáronse para a Final Four de NCAA, perdendo contra os Michigan State Spartans. Adrien rematou a súa carreira universitaria con máis de 1.600 puntos e 1.100 rebotes, tornándose no o segundo "husky" en conseguilo.

NBA e Europa [editar]

Adrien non foi seleccionado no NBA Draft de 2009, asinando co Club Baloncesto Breogán de Lugo. Durante o verán xogou nas ligas de verán dos New Jersey Nets e dos Philadelphia 76ers e no equipo dos Memphis Grizzlies na Vegas Summer League. Despois da súa marcha de Lugo pasou a formar parte dos Golden State Warriors da NBA, cos que xogou vinte e tres encontros, chegando a conseguir algunha vez dobres figuras (máis de 10 puntos e 10 rebotes nun encontro). Xogou o seu último encontro o 8 de decembro, sendo cortado do equipo para incorporar a Acie Law. Con todo, o 24 de febreiro de 2011 volvería ao equipo de Oakland.

O 21 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Houston Rockets, pero foi cortado o 8 de febreiro de 2012.[2]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]