Isidro Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isidro Novo
Nacemento5 de outubro de 1951
Lugar de nacementoLugo
Falecemento1 de febreiro de 2018
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa e poesía
PremiosPremio Eusebio Lorenzo Baleirón
Na rede
AELG: 188
editar datos en Wikidata ]

Isidro Xoán Froilán López Novo, nado en Lugo o 5 de outubro de 1951 e finado o 1 de febreiro de 2018[1], foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu varias profesións como vendedor de libros, viaxante de produtos alimentarios, administrativo ou taberneiro. Comezou como autor de literatura infantil e xuvenil coa publicación de Teaza de brétema, que foi finalista no certame O barco de vapor de 1992. En 1997 apareceu Por unha presa de machacantes, un western cómico, ao que seguiron varios libros de relatos. Iniciouse na poesía co libro Dende unha nada núa. Participou en libros colectivos, foi radiofonista facendo en Radio Clavi un programa cultural titulado Gomorritas e novas criaturas, e como xornalista fixo reportaxes para varias revistas.

Varios dos seus relatos foron premiados no certame Modesto R. Figueiredo e no Manuel Murguía. Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Lois Diéguez.

Novo foi membro do consello directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega desde 2007, así como membro da sección de Literatura Oral desta entidade.[1] Dende o ano 2008 e co apoio da AELG impulsou a sección de recuperación do idioma Palabras con memoria. Tamén dende ese ano colaborou no grande invento itinerante do experto en Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, denominado Polafías[2] como lector de poetas populares de cada lugar visitado.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Esteiro de noites falecidas, 2007, Espiral Maior.
  • CO2, 2017, Positivas.
  • Poesía galega reunida (1991-2017) (2021). Vigo: Galaxia. 488 páxs. ISBN 978-84-9151-626-2.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Teaza de brétema, 1994, S. M.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Os fidalgos de Monforte: historia cabaleiresca do século XV, de Benito Vicetto (2009, Tris Tram)
  • Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991) (1992, Ediciós do Castro).
  • Cabalos do demo, en Airadas de palabras (1998, Laiovento).
  • Na boca do lobo (1998, Tris Tram).
  • Paisaxes con palabras (2001, Galaxia).
  • Alma de beiramar (2003, AELG).
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e pantasmas. Actas das III xornadas de literatura de tradición oral, (Lugo, 5 e 6 de novembro 2010) (2011, AELG).
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • 1975-2015 Moncho Reboiras Vive! (2015, Arredista Edicións).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Galiza, Sermos. "Falece o escritor Isidro Novo aos 66 anos de idade". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-02. 
  2. Polafías
  3. "Isidro Novo". www.aelg.org. Consultado o 2018-02-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • O Xograr da Gravedade. A escrita lírica de Isidro Novo, de José Luis Calvo (2011, Editorial Nabetes, Pontevedra).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]