Fortitudo Pallacanestro Bologna
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
||
|---|---|---|
| Competición | - | |
| Fundado | 1932 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | PalaDozza (5.721) | |
| Cores | Azul e branco | |
| Presidente | Gilberto Sacrati | |
| Serie A | 2 (1999-2000, 2004-05) | |
| Copa de Italia | 1 (1998) | |
| Supercopa | 2 (1998, 2005) | |
| Patrocinador | - | |
| Sitio Web | www.fortitudobologna.it | |
O Fortitudo Pallacanestro Bologna é un equipo de baloncesto da cidade de Boloña, Emilia Romaña (Italia). Foi fundado en 1932 e é o segundo equipo de baloncesto da cidade de Boloña por detrás do Virtus Bologna, equipo co que mantén unha forte rivalidade. Dende 2010 non compite en ningunha categoría senior por problemas legais. Desputaba os seus encontros no PalaDozza, recinto cunha capacidade para 5.721 espectadores.
En 2011 naceu un novo equipo, chamado Biancoblù Basket Bologna, que está a recoller ós seareiros do Fortitudo, empregando as mesmas cores, xogando no mesmo pavillón, competindo na Legadue, e mantendo o legado do Fortitudo namentres os problemas legais e económicos da entidade nai non lle permiten voltar á competición.
Índice |
Denominacións [editar]
- Cassera 1966-1968
- Eldorado 1968-1971
- Alco 1971-1978
- Mercury 1978-1980
- I&B 1980-1981
- Lattesole 1981-1983
- Yoga 1983-1988
- Arimo 1988-1990
- Aprimatic 1990-1991
- Mangiaebevi 1991-1993
- Filodoro 1993-1995
- Teamsystem 1995-1999
- Paf Wennington 1999-2001
- Skipper 2001-2004
- Climamio 2004-
Palmarés [editar]
- 2 Ligas: 1999-2000, 2004-05
- 1 Copa de Italia: 1998
- 2 Supercopas de Italia: 1998, 2005
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Site Officiel (en italiano) (en inglés)