Volkswagen Polo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Polo.
O Volkswagen Polo, coñecido tamén por Polo, é un automóbil de turismo do segmento B producido polo fabricante alemán de automóbiles Volkswagen.
É un cinco prazas con motor dianteiro transversal e tracción dianteira, que ten como principais rivais no mercado o Fiat Punto, o Ford Fiesta, o Renault Clio e o Seat Ibiza.
O Polo leva xa cinco xeracións, lanzadas nos años 1975, 1981, 1994, 2001 e 2009, respectivamente; as catro primeiras foron reestilizadas en 1979, 1990, 1999 e 2005.
O Polo existiu con carrocerías hatchback de tres e cinco portas, sedán de dúas e catro portas e familiar de cinco portas.
Actualmente este modelo fabrícase nas plantas de Pamplona (España), Shanghai (China), Uitenhage (Sudáfrica), Pune (India) e Kaluga (Rusia).