Basketball Bundesliga
A Basketball Bundesliga (frecuentemente abreviado como BBL), ou Liga de baloncesto de Alemaña, é a máxima categoría do baloncesto en Alemaña. A liga consta de 18 equipos. Na BBL xógase unha liga regular e un play-off. Ao final da liga, os oito equipos mellor clasificados clasifícanse para o play-off e os dous últimos clasificados descenden a unha categoría inferior. Os play-offs son xogados en eliminatorias ao mellor de cinco partidos. O equipo que gaña a rolda final é proclamado campión alemán da tempada.
Ademais da liga, tódolos equipos da BBL compiten na Copa alemana (BBL-Cup)[1]. Os equipos que compiten no segundo nivel do baloncesto alemán (Pro A ou Pro B) ou nunha liga rexional máis baixa tamén poden ser elixidos para participar nesta competición[2].
Índice |
Historia [editar]
Esta liga foi creada en 1939, sendo pronto suspendida a causa da Segunda Guerra Mundial, non reiniciándose ata 1947. A partir de 1966 converteuse nunha competición profesional. En 1947, o MTSV Schwabing München converteuse no primeiro campión logo da Guerra que dividíu Alemaña. A creación dunha liga na República Democrática Alemá consistente nunha división Norte e unha división Sur de 10 equipos cada unha, foi creada en 1964 pola Federación Alemá de Baloncesto (DBB). O 1 de Outubro de 1966 comezou a primeira tempada da renomeada Basketball Bundesliga. A principios da tempada 1971-72 o número de equipos desta categoría reducíuse a oito equipos. Na tempada 1975-76, a estutura da liga trocou a unha liga de 10 equipos na primeira liga (1. Basketball Bundesliga) e 20 equipos nunha segunda liga league (2. Basketball Bundesliga). Só a segunda liga estaba dividida nunha división Norte e outra división Sur, cada unha delas de 10 equipos. En 1985 a máxima competición do baloncesto alemán foi ampliada a 12 equipos, dous anos despois, cada unha das divisións da segunda liga foi ampliada tamén a 12 equipos. En 1988 aplicouse por primeira vez o sistema de play-off ao mellor de cinco partidos. Ao comezo da tempada 1995-96 a liga estaba formada por 14 equipos. A Basketball Bundesliga GmbH (BBL) foi fundada en Outubro de 1996. Dous anos despois, un contrato asinado entre a BBL e a Federación Alemá de Baloncesto transfería os seus dereitos de imaxe á BBL durante 10 anos a cambio de que a BBL pagara anualmente axudas ao "deporte amateur" por 600.000 DM (306.775 €). A principios da tempada 2003-04 a BBL ampiouse a 16 equipos, e na 2006-07 a 18 equipos. Na tempada 2007-08 a estrutura da segunda liga suprimiu as divisións Norte e Sur por unha División Pro A e Pro B. Estas divisións están baixo a administración da "AG 2. Bundesliga".
Entre 1994 e 2001, o máximo nivel das ligas alemás de baloncesto foi denominada "Veltins Basketball Bundesliga", e de 2001 a 2003, a liga foi coñecida coma "s.Oliver Basketball Bundesliga".
O equipo que máis ligas gañou é o Bayer Giants Leverkusen, con 14 títulos, aínda que o dominador nos últimos tempos é o ALBA Berlin, gañando 7 títulos consecutivos dende 1997, gañando en 2008 o seu oitavo título. Dende a súa creación, 21 equipos gañaron esta competición.
Equipos 2009-2010 [editar]
Palmarés (era profesional) [editar]
Ligazóns [editar]
- (en alemán) Site oficial da Bundesliga
- (en alemán) Site oficial da Federación Alemá de Baloncesto
Notas [editar]
- ↑ Ausschreibung BBL-Pokal 2009 BBL (Alemán)
- ↑ Ausschreibung für den Vereinspokal-Wettbewerb Herren 2008/2009 DBB (Alemán)