Varese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palazzo Estense de Varese.

Varese é unha cidade italiana, capital da provincia homónima, na Lombardía. En 2010, Varese tiña 81.922 habitantes, cunha densidade de 1.517 hab./km².

Historia[editar | editar a fonte]

Dise que o seu nome deriva dun termo celta, var, que significa auga, en canto atópase nas veciñanzas dun lago, que leva o seu nome, o Lago de Varese. Era chamada "Città Giardino" (Cidade Xardín), grazas ao moito verde que se podía atopar no ámbito e en particular no casco antigo, o que contribuían sen dúbida os xardíns e os parques das moitas vilas que aquí foron construídas.

A cidade de Varese atópase nunha posición característica, aos pés do "Sacro Monte dei Varese" (Sacro Monte de Varese), que forma parte do Macizo do "Campo dei fiori" (Campo das flores) e é sede dun observatorio astronómico, ademais de de o Centro Xeofísico Prealpino, unha estación meteorolóxica dirixida polo doutor Salvatore Furia. A sección que ocupa a parte media da montaña toma o nome de Santa María do Monte debido ao santuario medieval, ao cal se chega pola avenida das catorce capelas do Sacro Monte. A sinalar na marxe máis baixa da cidade, o homónimo lago que a roza a nivel dalgunhas construcións.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Varese baséase principalmente na industria e na agricultura intensiva. Algunhas firmas famosas de Varese son: Aermacchi (avións), Agusta (helicópteros), Cagiva (motocicletas), Former Ignis (parte de Whirlpool) (electrónica). A cidade de Varese deuse a coñecer a nivel internacional grazas aos éxitos do seu equipo de baloncesto, o Pallacanestro Varese, que é o segundo club máis laureado de Italia e un dos máis prestixiosos de Europa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]