Adolfus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adolfus jacksoni macho. Vistas anterior e posterior, e cabeza de perfil

Adolfus é un xénero de réptiles escamosos da familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos.

O xénero é endémico da África subsahariana.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1912 polo herpetólogo xudeu-alemán Richard Sternfeld.[2][3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Adolfus, foi unha homenaxe a Adolfo Frederico de Mecklemburgo, explorador alemán en África e político colonoial.[4]

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense no xénero a seguintes seis especies:[2][3]

Hábitat[editar | editar a fonte]

As especies de Adolfus habitan en bosques e prados. Adolfus jacksoni habita tamén en ambientes urbanos. Adolfus alleni rexistrouse até 4 500 m sobre o nivel do mar.[5]

Catacterísticas[editar | editar a fonte]

As especies do xénero Adolfus adoitan seren lacértidos relativamente grandes, xa que miden entre os 55 e os 84 mm de lonxitude desde o fociño até a abertura posterior da fenda cloacal, excepto Adolfus masavaensis, que é moito máis pequeno, xa que mide só de 39 a 56 mm.[5]

A cola é cilíndrica, sen franxas laterais, e relativamente longa, unhas 1,7-2 veces da lonxitude citada.[5]

Non presentan dimorfismo sexual.[5]

En Adolfus jacksoni o tamaño da posta é de 3 a 5 ovos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoxe Adolfus africanus (Boulenger, 1906), en Harold De Lisle. Catalog of the Lacertidae.
  2. 2,0 2,1 Adolfus Sternfeld, 1912 no GBIF. Consultado o 21 de setembro de 2021.
  3. 3,0 3,1 Adolfus Sternfeld, 1912 na BioLib. Consultada o 21 de setembro de 2021.
  4. Beolens, B.; Watkins, M. & Grayson, M. (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Genus Adolfus, p. 2).
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Greenbaum, E. et al. 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]