Jaime Altozano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJaime Altozano
Biografía
NacementoJaime García-Altozano Garrido
4 de agosto de 1993 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Actividade
OcupaciónYoutuber, divulgador científico, produción musical e produción de televisión
LinguaEspañol
InstrumentoBatería, voz, Clarinete, Gaita, ukelele, piano e guitarra Editar o valor em Wikidata

Páxina webjaimealtozano.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: JaimeAltozanoPagina Twitter: jaimealtozano Instagram: jaimealtozano Youtube: UCa3DVlGH2_QhvwuWlPa6MDQ Patreon: jaimealtozano Bandcamp: jaimealtozanoSouncloud: jaimealtozano Spotify: 4nfZ2OqOuRM8Yrl2OGgafg Editar o valor em Wikidata

Jaime García-Altozano Garrido, nado en Ciudad Lineal, Madrid o 4 de agosto de 1993,[1][2] coñecido como Jaime Altozano, é un divulgador, produtor musical e youtuber destacado pola súa difusión musical a través de Internet. Colaborou en programas de TV como WifiLeaks (#0), La mejor canción jamás cantada (La 1)[3][4] ou Dónde estabas entonces? (LaSexta)[5] e de radio como Música y significado de Radio Clásica analizando as bandas sonoras do Señor dos Aneis (de Howard Shore)[6][7] e Star Wars (John Williams)[8] e nas seccións musicais de programas de radio como Hoy por Hoy na SER [9] ou He venido aquí a hablar de lo mío en RNE.[10]

En febreiro de 2023, a súa canle de YouTube acumulaba 3,24 millóns de subscritores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Altozano estudou piano no Conservatorio Profesional Arturo Soria de Madrid, dous anos da dobre licenciatura en Matemáticas e Física na Complutense[11] e produción musical na escola Música Creativa.[12] Abriu a súa canle en maio de 2017 para ofrecer educación musical doada e gratuíta.[13] As súas análises de BSO[14] como O Señor dos Aneis, Harry Potter e Star Wars, e vídeos sobre música clásica empregando cancións de Pokémon, Dragon Ball,[15] The Beatles ou La Oreja de Van Gogh[16] fixéronse populares.[17]

En outubro de 2017, Ramón Gener publicou Un gesto lo puede cambiar todo, que copiaba a análise De Pokémon a Bach. Una historia de VOCES.[18] Gener responsabilizou deste plaxio a un colaborador seu, e asegurou descoñecer a obra de Altozano.[19] En decembro dese ano comentou en directo a ópera La bohème de Puccini emitida en streaming dende o Teatro Real de Madrid co obxectivo de ser vista por máis de cen mil persoas.[20]

A canle acadou 187.000 subscritores ao medio ano de abrir, e duplicou a cifra cinco meses despois.[21] [22]

En 2018 entrevistou a Hans Zimmer, con máis de 1,5 millóns de visualizacións.[23] En novembro do mesmo ano publicou unha análise de El mal querer de Rosalía, que recibiu resposta da cantante a través de Instagram.[24] [25] [26] Até a data, é o vídeo máis visto da súa canle, con máis de 7 millóns de visualizacións.

En 2019 chegou ao millón de subscritores, e publicou un vídeo especial para celebralo. Colaborou co youtuber colombiano Alvinsch [27] e coa canle Quantum Fracture en colaboración coa Universidade Politécnica de Madrid para responder cientificamente por qué "Happy Birthday to You" non se pode tocar na batería.[28] Con Quantum Fracture compuxo unha trap paródico sobre o terraplanismo.[29] En outubro, colaborou co cantante Agoney na interpretación do seu éxito "Black" nunha versión balada para La 2 Noticias.[30]

En decembro participou na Cidade da Cultura do Gaiás xunto co divulgador galego El Barroquista na xornada #Culturlike durante a exposición Galicia, un relato no mundo.[31] O evento foi retransmitido por streaming.[32]

En febreiro de 2020 volveu a TVE para dar unha charla aos concursantes de OT sobre harmonía e composición.[33]

En abril de 2022, entrevistou a Rosalía sobre o seu disco MotoMami, publicando unha análise da produción, composición e harmonía. A análise xunto coa entrevista completa recibiron máis de 7 millóns de visualizacións.[34]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Altozano é primo do youtuber de videoxogos DayoScript.[35]

Desde 2017 é parella da youtuber arquitecta Ter.[36]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Escandón, Pelayo (2 de febreiro de 2018). "Clásica y pasteles para celíacos" (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  2. "¿Por qué el 5 de agosto se celebra el día de Jaime Altozano?" (en castelán). 2021-08-05. Consultado o 2022-02-06. 
  3. "Jaime Altozano, el youtuber que participará en 'La mejor canción jamás cantada'" (en castelán). 6 de febrero de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  4. Marya González (16 de febreiro de 2019). "El palo de Jaime Altozano al jurado de 'La mejor canción jamás cantada' que molestó a Noemí Galera" (en castelán). Consultado o 27 de abril de 2020. 
  5. "Jaime Altozano:"La gente está muy acostumbrada a ver, pero no a escuchar"". Cadena SER. 2 de marzo de 2018. Consultado o 4 de agosto de 2018. 
  6. "Música y significado - El Señor de los Anillos - 16/06/17 - RTVE.es" (en castelán). 16 de junio de 2017. Consultado o 9 de noviembre de 2018. 
  7. "Música y significado - El Señor de los Anillos (II) - 30/06/17 - RTVE.es" (en castelán). 30 de xuño de 2017. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  8. "Música y Significado - John Williams: STAR WARS - 09/02/18 - RTVE.es" (en castelán). 9 de febrero de 2018. Consultado o 9 de noviembre de 2018. 
  9. SER, Cadena (16 de marzo de 2018). "Inauguramos sección con el músico Jaime Altozano" (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  10. "He venido aquí a hablar de lo mío - Jaime Altozano y Luis Ángel de Benito - 01/01/18" (en castelán). 1 de enero de 2018. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  11. "Jaime Altozano, el caso de un divulgador musical.". FNESMUSICA. 29 de junio de 2017. Consultado o 7 de agosto de 2018. 
  12. "Jaime Altozano: «Me es imposible nombrar todas las maneras en las que la música está cambiando»". Oculta Lit. 3 de febrero de 2018. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  13. "El 'youtuber' que te da la música mascada". El Periódico de Catalunya. 21 julio 2018. Consultado o 6 de agosto de 2018. 
  14. "Jaime Altozano «A música e os videoxogos»". Voz de Galicia. 2018-04-06. Consultado o 28 de xullo de 2023. 
  15. "El 'youtuber' que está acercando la música clásica con canciones de Pokémon o Dragon Ball". El País. 9 de agosto de 2017. ISSN 1134-6582. Consultado o 4 de agosto de 2018. 
  16. "Jaime Altozano, el "youtuber" que usa Pokémon para explicar la música clásica". La Vanguardia. 21 de agosto de 2017. Consultado o 4 de agosto de 2018. 
  17. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2018-04-06). "Jaime Altozano «La música y los videojuegos»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-28. 
  18. "Mensaje a Ramón Gener y al programa Versió de RAC1". www.youtube.com. Consultado o 2023-07-28. 
  19. "Ramón Gener atribuye a "un nuevo colaborador" los contenidos plagiados a Jaime Altozano". Platea Magazine. 18 de outubro de 2017. Consultado o 6 de agosto de 2018. 
  20. Cantó, Paula (28 de decembro de 2017). "Cómo llevar a 100.000 jóvenes a ver una ópera en el Teatro Real de Madrid". El Confidencial (en castelán) (Madrid). 
  21. VikPamNox (1 de febrero de 2018). "Jaime Altozano: "Me cuesta que me gusten las cosas, pero me encanta analizarlas"". LA GRAMOLA DE KEITH (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2018. Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  22. Muela, Daniel (20 de mayo de 2018). "¿Por qué el himno español suena tan militar y no ha variado en 250 años? Este youtuber músico te lo explica". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 5 de agosto de 2018. 
  23. "Entrevista a Hans Zimmer". Jaime Altozano; YouTube (en inglés e castelán). Consultado o 2023-07-28. 
  24. Paula Cantó (26 de noviembre de 2018). "Rosalía replica al vídeo viral sobre 'El mal querer' y desvela sus secretos: "No hay trap"" (en castelán). Consultado o 27 de abril de 2020. 
  25. Sánchez Hidalgo, Emilio (27 de noviembre de 2018). "Rosalía explica con detalle 'El mal querer' en respuesta a un análisis de Jaime Altozano" (en castelán). Consultado o 27 de abril de 2020. 
  26. "Esta es la defensa de Rosalía (y del talento español) más razonada, emocionante y divertida que verás (y leerás) jamás" (en castelán). 10 de novembro de 2018. Consultado o 27 de abril de 2020. 
  27. Sebastián, Víctor (11 de febrero de 2019). "Jaime Altozano y Alvinsch se retan en YouTube para decidir quién es mejor músico". Consultado o 18 de noviembre de 2019. 
  28. Irene Sierra (13 de junio de 2019). "El último vídeo de Quantum Fracture confirma que hace mejores reportajes que muchas cadenas de televisión" (en castelán). Consultado o 27 de abril de 2020. 
  29. "Jaime Altozano". Wiki YouTube Pedia (en castelán). Consultado o 2023-07-28. 
  30. "Entrevista con Agoney y Jaime Altozano en La 2 Noticias". 17 de octubre. Consultado o 16 de noviembre. 
  31. "A cultura sae dos seus templos". A Voz de Galicia. 4 de decembro de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2023. 
  32. "A Xunta retransmitirá en streaming a xornada do Gaiás sobre divulgación cultural con Jaime Altozano e El Barroquista". www.xunta.gal - Xunta de Galicia. Consultado o 2023-07-28. 
  33. "Jaime Altozano da una clase magistral a los chicos de OT". 20 de febrero de 2020. Consultado o 25 de febrero de 2020. 
  34. "Jaime Altozano analiza 'MotoMami' con Rosalía: todos los detalles que hacen de este disco algo único". www.lasexta.com (en castelán). 2022-04-08. Consultado o 2023-07-28. 
  35. Borondo, Sara (5 de setembro de 2020). "Dayo-un-periodista-de-videojuegos-que-ha-inventado-su-propio-estilo". Revista Vandal; Vandal.net (en castelán). Consultado o 2 de febreiro 2022. 
  36. "Jaime Altozano". Wiki YouTube Pedia (en castelán). Consultado o 2023-07-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]