Anticosti
| Anticosti | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
| Datos | |||||
| Capital | Port-Menier | ||||
| País | Canadá | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2001) | 266 hab. | ||||
| Superficie | 7 892,52 km² | ||||
| Densidade | 0,03 hab./km² | ||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 49°30′N 63°00′W / 49.5°N 63°W | ||||
| Maior Altura | 312 m | ||||
A illa de Anticosti (Anticosti Island en inglés; Île d'Anticosti en francés) é unha illa rochosa e cuberta por bosques situada no Golfo de San Lourenzo, en Quebec, Canadá. Cos seus 7.941 km² de superficie, ocupa o posto 90 entre as illas máis grandes do mundo. Polo norte, a illa de Anticosti está separada do Quebec polo estreito de Jacques Cartier e, polo sur, da península de Gaspesia polo estreito de Honguedo. O seu lago máis grande é o lago Wickenden, que alimenta ao río Xúpiter.
A pesar do seu gran tamaño (217 km de longo e entre 16 e 48 km de ancho), Anticosti está moi escasamente poboada: 264 habitantes en 1991, localizados no seu maior parte na aldea de Port-Menier, no extremo occidental da illa. Moitos dos habitantes cumpren tarefas relacionadas coa conservación dos numerosos faros erixidos polo goberno canadense. A costa é perigosa; os máis de 400 naufraxios contabilizados fixeron a Anticosti acredora do sobrenome de "o cemiterio do San Lourenzo". Véxase en: [1] Os dous únicos portos son Ellis Bay e Fox Bay.
Anticosti foi descuberta en 1534 polo explorador francés Jacques Cartier e recibiu o nome de Assomption ("Asunción"). Posteriormente, foi outorgada a Louis Joliet polo rei Luís XIV como recompensa por descubrir o río Mississippi, e permaneceu na familia Joliet ata 1763, cando foi cedida por Francia á colonia de Terranova. Canadá recuperou a illa en 1774. En 1895, Anticosti foi comprada polo adiñeirado chocolateiro francés Henri Menier, o cal tratou de convertela nunha gran reserva para a caza e a pesca. Menier introduciu varias especies, como os cervos, ademais de explotar os recursos naturais como a madeira e os minerais.
En 2001 creouse o Parque Nacional de Anticosti, con 572 km² de superficie.