Radiación infravermella
A radiación infravermella é un tipo de radiación electromagnética con lonxitude de onda maior que a da luz visible, pero menor que a das microondas, consecuentemente, ten menor frecuencia que a da luz visible e maior que a das microondas. O vermello é a cor de lonxitude de onda máis longa da luz visible, comprendida entre 700 nanómetros e un milímetro.
No espectro electromagnético, os infravermellos subdivídense en infravermellos curtos (0,7-5 µm), infravermellos medios (5-30 µm) e infravermellos largos (30-1000 µm). Mentres, esta clasificación non é precisa porque en cada área de utilización, se ten unha idea diferente dos limites dos diferentes tipos. Os infravermellos están asociados á calor porque os corpos na temperatura normal emiten radiación térmica no campo dos infravermellos.
Índice |
[editar] Historia
Os infravermellos foron descubertos en 1800 por William Herschel, un astrónomo inglés de orixe alemá. Herschel colocou un termómetro de mercurio no espectro obtido por un prisma de cristal co a finalidade de medir a calor emitido por cada cor. Descubriu que a calor era máis forte ao lado do vermello do espectro, observando que alí non había luz. Esta foi a primeira experiencia que demostrou que a calor pode ser transmitida por unha forma invisible de luz.
[editar] Utilidade dos raios infravermellos
Os infravermellos son utilizados nos equipamentos de visión nocturna cando a cantidade de luz visible é insuficiente para ver os obxectos. A radiación é detectada e despois reflectida nunha tela. Os obxectos máis quentes se converten nos máis luminosos. Un uso moito común do infravermello é para para efectuar comandos a distancia (telecomandos), preferibles ás ondas de radio por que non sofren interferencias doutras ondas electromagnéticas como. por exemplo, os sinais de televisión.
Os infravermellos tamén son utilizados para comunicación a curta distancia entre os ordenadores e os seus periféricos. Os aparellos que utilizan este tipo de comunicación cumpren xeralmente un patrón publicado pola Infrared Data Asociation.
A luz utilizada nas fibras ópticas é xeralmente de infravermellos.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
| Espectro electromagnético |
|---|
| Ondas de radio | Microondas | Infravermello | Espectro visible | Ultravioleta | Raios X | Raios gamma |
| Espectro visible(luz): Vermello | Laranxa | Amarelo | Verde | Azul | Violeta |