Radiación infravermella
A radiación infravermella é un tipo de radiación electromagnética con lonxitude de onda maior que a da luz visible, pero menor que a das microondas, consecuentemente, ten menor frecuencia que a da luz visible e maior que a das microondas. O vermello é a cor de lonxitude de onda máis longa da luz visible, comprendida entre 700 nanómetros e un milímetro.
No espectro electromagnético, os infravermellos subdivídense en infravermellos curtos (0,7-5 µm), infravermellos medios (5-30 µm) e infravermellos largos (30-1000 µm). Mentres, esta clasificación non é precisa porque en cada área de utilización, se ten unha idea diferente dos límites dos diferentes tipos. Os infravermellos están asociados á calor porque os corpos na temperatura normal emiten radiación térmica no campo dos infravermellos.
Índice |
Historia [editar]
Os infravermellos foron descubertos en 1800 por William Herschel, un astrónomo inglés de orixe alemá. Herschel colocou un termómetro de mercurio no espectro obtido por un prisma de cristal co a finalidade de medir a calor emitido por cada cor. Descubriu que a calor era máis forte ao lado do vermello do espectro, observando que alí non había luz. Esta foi a primeira experiencia que demostrou que a calor pode ser transmitida por unha forma invisible de luz.
Utilidade dos raios infravermellos [editar]
Os infravermellos son utilizados nos equipamentos de visión nocturna cando a cantidade de luz visible é insuficiente para ver os obxectos. A radiación é detectada e despois reflectida nunha tela. Os obxectos máis quentes se converten nos máis luminosos. Un uso moito común do infravermello é para para efectuar comandos a distancia (telecomandos), preferibles ás ondas de radio por que non sofren interferencias doutras ondas electromagnéticas como. por exemplo, os sinais de televisión.
Os infravermellos tamén son utilizados para comunicación a curta distancia entre os ordenadores e os seus periféricos. Os aparellos que utilizan este tipo de comunicación cumpren xeralmente un patrón publicado pola Infrared Data Asociation.
A luz utilizada nas fibras ópticas é xeralmente de infravermellos.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Espectro electromagnético |
|---|
| Ondas de radio | Microondas | Infravermello | Espectro visible | Ultravioleta | Raios X | Raios gamma |
| Espectro visible(luz): Vermello | Laranxa | Amarelo | Verde | Azul | Violeta |