Dixebra
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Dixebra | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Avilés, Asturias |
| Período | 1987 - actualidade |
| Xénero(s) | Rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Discos L'Aguañaz |
| Membros | |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.dixebra.com/ |
Dixebra é un grupo de rock asturiano creado en 1987 en Avilés, baixo a idea de crear un grupo de rock que empregase a lingua asturiana e fixese unha música comprometida coa realidade social e a problemática de Asturies. Contaron con letras feitas por algúns dos escritores contemporáneos asturianos, en ocasións feitas especificamente para o grupo, entre os que destaca Xandru Fernández.
No ano 2007 participan no recompilatorio 120 capadores, de homenaxe ós Diplomáticos de Monte-Alto, cunha versión en asturiano do tema "Gaiteiro".
[editar] Discografía
[editar] Álbums
- Grieska - Fonoastur , 1990
- Asturies o trabayes - L'Aguañaz , 1993
- Apúntate a la llista - L'Aguañaz, 1995
- Dieron en duru - L'Aguañaz, 1997
- Glaya un país - L'Aguañaz,2000
- Sube la marea - L'Aguañaz,2002
- Cróniques d'un pueblu -L'Aguañaz, 2003(Disco-libro)
- Ensin Novedá - L'Aguañaz, 2005
- Dixebra n'Acción - L'Aguañaz, 2006- (Concerto en directo celebrando o XX Aniversario da banda, acompañado dun DVD da actuación e outros materiais).