Tonhito de Poi
| Tonhito de Poi | |
|---|---|
Tonhito de Poi nunha homenaxe a John Balan |
|
| Nome completo | Antonio Ageitos Ares |
| Alias | |
| Naceu | 1969 |
| Orixe | Castiñeiras, Ribeira Galicia |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Músico, showman |
| Xénero | Rock |
| Instrumento(s) | Guitarra, voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Heredeiros da Crus A Banda de Poi Tonhito de Poi e Rasa Loba |
| Tempo en activo | 1992 - presente |
| Web | |
Antonio Ageitos Ares, máis coñecido como Tonhito de Poi e antes coñecido como Toñito de Poi, nado en Castiñeiras, (Ribeira) en 1969, é un artista polifacético galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi patrón maior de barco, traballando no mar durante cinco anos até que se dedicou á música. Así comezou con Heredeiros da Crus, un grupo irreverente que fixo do rock da costa case un himno para unha xeración. Despois de doce anos de concertos e oito discos deixou a banda para crear un novo grupo musical xunto a músicos galegos e portugueses, A Banda de Poi, da que sacou un disco.
Emprendeu un novo proxecto con Tonecho España e Poni e Hugo Leão, estes dous últimos portugueses, chamado Tonhito de Poi e Rasa Loba[1].
Tonhito tamén se adicou a outros ámbitos do espectáculo, como a televisión. Como actor, foi o encargado de encargar a Xan Rei na serie Rías Baixas. Tamén participou no programa Con perdón, e foi guionista do famoso show da TVG Os Tonechos. Agora ten a súa propia produtora, "Cabezas quentes".