¡¡Está que te cajas!!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¡¡Está que te cajas!!
Álbum de Heredeiros da Crus
Publicado7 de maio de 1996
Gravación26–29 de decembro de 1995
Estudio(s)BOX (Madrid)
Xénero(s)Rock
Selo(s)Xurelo Roxo
Producido porSiniestro Total
Cronoloxía
A cuadrilla de Pepa a loba (1994) ¡¡Está que te cajas!! Criatura (1997)

¡¡Está que te cajas!! é o segundo disco dos Heredeiros da Crus, publicado o 7 de maio de 1996 por Xurelo Roxo.

Foi gravado entre o 26 e 29 de decembro de 1995 nos estudios BOX de Madrid, e producido por Siniestro total.

Na primeira canción deste álbum colabora Rosendo Mercado, que estaba a gravar no mesmo estudio. O produtor deste álbum foi Segundo Grandío baixista de Siniestro Total. Este álbum, xunto coas cancións que editaron para o Xabarín Club ("Que jallo é!", "Íscalle Lura" e "O porquiño") déronlle xa unha fama ao grupo a nivel galego.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Ajuantamedaquimaria" – 0:37
  2. "Frenaso no calsonsillo" – 2:23
  3. "Evangelina" – 2:41
  4. "Carrapito teso" – 3:22
  5. "Motosicleta-man" – 3:27
  6. "A chaqueta de lana" – 5:10
  7. "O teu fillo fuma porro" – 2:18
  8. "Flor de primavera" – 3:13
  9. "Cocha meu miniño" – 1:08
  10. "De jalisia o extranxeiro" – 3:30
  11. "Ti sei que me jodes" – 0:49
  12. "Ai que sebollón" – 2:39
  13. "A boca do inferno" – 3:52
  14. "Anda de chinclán" – 3:15
  15. "Aqueliño estrela rockeira" – 7:22

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]