Ferreiro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ferreiro (homónimos).
O ferreiro é unha persoa que crea obxectos de ferro ou aceiro por forxa-lo metal, ou sexa, a través da utilización de ferramentas como fol, engra, e martelo, dobra e corta, e moldea noutra forma o metal.
Xeralmente o metal é quecido ata que brilla vermello ou laranxa, como parte do proceso de forxamento. Os ferreiros producen cousas como portóns de ferro forxado, grelladores, grades, lustres, luminarias, mobiliario, esculturas, ferramentas, implementos agrícolas, relixiosos e obxectos decorativos, utensilios de cociña, e armas.