Gran Premio do oeste dos Estados Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Gran Premio do oeste dos Estados Unidos foi unha carreira celebrada en Long Beach, California, como carreira de Fórmula 5000 en 1975 e como proba do mundial de Fórmula 1 de 1976 a 1983. Logo de 1983, a carreira volveu como o Gran Premio de Long Beach da Champ Car World Series.

Ca pista de Watkins Glen en declive durante mediados dos 70, foi creado o West USGP, polo que os EE.UU. foi o segundo país (logo de Italia) en albergar dúas carreiras do Campionato Mundial de F1 na mesma tempada. O circuíto urbano foi un éxito inmediato desde a súa primeira carreira en 1976, e converteuse na resposta dos Estados Unidos á Gran Premio de Mónaco. O deseño da pista, no centro da cidade cambiou tres veces nos seus oito anos de permanencia, pero todos incluíron unha longa recta (en realidade unha longa curva á dereita) pola vía da costa, cerca do porto. Na última carreira en 1983, John Watson gañou saindo da 22ª posición da grella, o máis atras do que un piloto nun Gran Premio moderno chegara a gañar unha carreira.

Os gañadores do Gran Premio do oeste dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Ver tamén Gran Premio de Long Beach

Gañadores múltiples (construtores)[editar | editar a fonte]

Equipos en negra están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.

Gañados Construtor Anos
3 Italia Ferrari 1976, 1978, 1979
2 Flag of the United Kingdom.svg McLaren 1982, 1983

Por ano[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
1983 Flag of the United Kingdom.svg John Watson McLaren-Ford Long Beach Resultados
1982 Austria Niki Lauda McLaren-Ford Long Beach Resultados
1981 Australia Alan Jones Williams-Ford Long Beach Resultados
1980 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-Ford Long Beach Resultados
1979 Flag of Canada.svg Gilles Villeneuve Ferrari Long Beach Resultados
1978 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Ferrari Long Beach Resultados
1977 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford Long Beach Resultados
1976 Suíza Clay Regazzoni Ferrari Long Beach Resultados

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]