Gran Premio de Detroit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Detroit
Plano do Circuíto
Datos
Anos disputados 7
Primeira disputa 1982
Última disputa 1988
Localización Detroit Estados Unidos de América Estados Unidos
Patrocinador principal
Lonxitude
Marca de volta
Piloto récord Ayrton Senna (3)
Escudería récord Lotus (2)
McLaren (2)
Poles récord Ayrton Senna (3)
Vista do Circuíto

O Gran Premio de Detroit foi unha carreira de Fórmula Un disputada no Circuíto urbano de Detroit en Detroit (Míchigan, Estados Unidos de América) desde 1982 ata 1988.

En 1982, os EUA converteuse no primeiro país que acolleu tres Grandes Premios do Campionato do Mundo nunha tempada. Ademais das carreiras de Long Beach e Las Vegas, a nova carreira levouse a cabo en Detroit noutro circuíto urbano que abarcaba o Renaissance Center. O circuíto orixinal tiña dezasete curvas en 4.023 km, incluíndo dúas pinzas moi difíciles e un túnel á beira do río, e resultou ser aínda máis lento que Mónaco. O trazado era duro, esixente e ata incluía un paso a nivel de ferrocarril. En 1986, Ayrton Senna sobrepúxose a unha picada para gañar a súa primeira de cinco carreiras nos Estados Unidos en seis anos.

Para 1989, previuse inicialmente mover o Gran Premio de F1 a un novo circuíto en Belle Isle. O plan non se puido levar a cabo, e o Gran Premio trasladouse a Phoenix para 1989-1991. Tras a marcha da F1, a carreira de Detroit foi substituído por unha carreira da CART.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
1988 Ayrton Senna McLaren-Honda Detroit Resultados
1987 Ayrton Senna Lotus-Honda Detroit Resultados
1986 Ayrton Senna Lotus-Renault Detroit Resultados
1985 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda Detroit Resultados
1984 Nelson Piquet Brabham-BMW Detroit Resultados
1983 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford Detroit Resultados
1982 John Watson McLaren-Ford Detroit Resultados

Véxase tamén[editar | editar a fonte]