Identidade cultural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Identidade cultural é o conxunto de valores, tradicións, símbolos, crenzas e modos de comportamento que funcionan como elementos dentro dun grupo social e que actúan para que os individuos que o forman poidan fundamentar o seu sentimento de pertenza, que forman parte da diversidade no interior das mesmas en resposta aos intereses, códigos, normas e rituais que comparten ditos grupos dentro da cultura dominante.

Características[editar | editar a fonte]

A construción de identidades é un fenómeno que xorde da dialéctica entre o individuo e a sociedade. As identidades constrúense a través dun proceso de individualización polos propios actores para os que son fontes de sentido e aínda que se poidan orixinar nas institucións dominantes, só o son se os actores sociais as interiorizan e sobre isto último constrúen o seu sentido. Nesta liña, Castells diferencia os roles definidos por normas estruturadas polas institucións e organizacións da sociedade (e que inflúen na conduta segundo as negociacións entre individuos e ditas institucións, organizando así as funcións) e as identidades definidas como proceso de construción do sentido atendendo a un atributo ou conxunto de atributos culturais (organizando dito sentido, entendido como a identificación simbólica que realiza un actor social do obxectivo da súa acción). Dalgunha maneira, pódese interpretar que se están reforzando as propostas tendentes a recoñecer os procesos de identificación en situacións de policulturalismo ou momentos de identificación que se dan na sociedade-rede, emerxendo pequenos grupos e redes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anderson, Benedict (1974): Le français national: Politique et pratique de la langue nationale sous la Révolution. Paris: Hachette.
  • Anderson, Benedict (1991). Imagined Communities. London: Verso.
  • Bourdieu, Pierre (1980): "L'identité et la représentation" in Actes de la recherche en sciences sociales 35, 63–70.
  • Certeau, Michel de, Julia, Dominique & Revel, Jacques (1975): Une politique de la langue: La Révolution française et les patois. Paris: Gallimard.
  • Evangelista, M. (2003): "Culture, Identity, and Conflict: The Influence of Gender," in Conflict and Reconstruction in Multiethnic Societies, Washington, D.C.: The National Academies Press.
  • Fishman, Joshua A. (1973): Language and Nationalism: Two Integrative Essays. Rowley, MA: Newbury House.
  • Gellner, Ernest (1983): Nations and Nationalism. Oxford: Basil Blackwell.
  • Gordon, David C. (1978): The French Language and National Identity (1930-1975). The Hague: Mouton.
  • Laitin, David. (1995): Transitions to Democracy and Territorial Integrity. Capítulo 1, in Adam Przeworski et al. Sustainable Democracy. Cambridge: Cambridge University Press, páxs. 19-33.
  • Robyns, Clem (1994): "Translation and discursive identity", in Clem Robyns (Ed.), Translation and the Reproduction of Culture. Leuven: Cetra. Tamén in Poetics Today 15 (3), 405–428.
  • Robyns, Clem (1995). "Defending the national identity", in Andreas Poltermann (Ed.) Literaturkanon, Medienereignis, Kultureller Text. Berlin: Erich Schmidt Verlag ISBN 3-503-03727-6.
  • Stewart, Edward C. & Bennet, Milton J. (1991): American Cultural Patterns. Boston, MA: Intercultural Press.