Terceira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Illa Terceira")
Terceira
Vista da illa
Terceira sat.jpg
Datos
Capital Angra do Heroísmo
País Portugal
Localización Océano Atlántico
Arquipélago Azores
Linguas Portugues
Poboación (2011) 56437 hab.
Superficie 396´75 km²
Densidade
Coordenadas 38°44′N 27°19′W / 38.733°N 27.317°W / 38.733; -27.317
Maior Altura 1023 m. Serra de Santa Bárbara
Localización
Localización  da illa

Terceira é unha illa de Portugal. Como indica o seu nome, foi a terceira illa do arquipélago dos Azores en ser descuberta, logo da Santa Maria e a de São Miguel.

A illa ten aproximadamente 29 km de largo por 18 km de longo, cun perímetro de 90 km e unha superficie de 396,75 km². O punto máis alto encóntrase a 1023 m na Serra de Santa Bárbara, na zona Oeste. A capital da illa é Angra do Heroísmo, sendo a segunda cidade Praia da Vitória.