Harold Bloom
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harold Bloom, nado en Nova York o 11 de xullo de 1930, é un crítico e teórico literario estadounidense.
Traxectoria [editar]
Bloom é fillo de William e Paula Bloom, viviu no South Bronx da devandita cidade. A súa familia era xudía e falaba yiddish, idioma que aprendeu, así como hebreo literario, antes que o inglés. Tras cursar estudos nas universidades de Cornell e Yale, traballou como profesor desta última, no máis alto do seu escalafón académico (Sterling Professor), dende 1955. É tamén profesor da Universidade de Nova York dende 1988.
Está considerado unha das máximas figuras mundiais no ámbito da crítica literaria.