Libro de Ester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ester (hebreo מְגִילַת אֶסְתֵּר, Meguilat Ester, "Rolo —Libro— de Ester") é un dos libros do Antigo Testamento e do Tanaj xudeu.

Narra a historia de Ester, orfa xudea nos tempos desterro de Babilonia, que consegue evitar unha masacre nos seus compatriotas. Os xudeus lembran a fazaña de Ester tódolos anos na festa dos Purim.

Canonicidade[editar | editar a fonte]

Tanto xudeus como cristianos consideran canónica a versíón en hebreo do libro. Ademais, católicos e ortodoxos, como relixións con un canon extenso, consideran tamén canónicas as adicións a Ester que atopamos na versión da Biblia dos Setenta, en grego.

As adicións a Ester[editar | editar a fonte]

Na versión grega do Antigo Testamento, a chamada Biblia dos Setenta, ademais do texto orixinal hebreo hai unha serie de fragmentos en grego. Son adicións que non aportan gran cousa ao discorrer do relato, máis ben son reflexións ou excursus que o autor da versión grega fai ao fío do relato orixinal. As adicións son:

  • O limiar do libro, que inclúe o soño de Mardoqueo.
  • O contido do decreto contra os xudeus.
  • A oración de Mardoqueo e Ester.
  • A versión ampliada da escea na que Ester se presenta ante Axuero, coa mención da intervención divina.
  • O texto do decreto a favor dos xudeus.
  • A interpretación que fai Mardoqueo do seu soño, relacionandoo cos sucesos que seguiron.

Contido do libro[editar | editar a fonte]

O Libro de Ester relata como Hamán, ministro do rei Xerxes I, que no libro se lle chama Axuero, prepara un decreto que suporá o exterminio dos xudeus que vivan no imperio persa. Cando Mardoqueo, un xudeu que ocupa un importante posto na corte de Axuero, sabe destas intencións busca desesperadamente unha solución para salvar ao seu pobo.

Ao mesmo tempo, o rei Axuero, furioso co desprezo que lle fixo a súa raíña, busca unha nova. Entre as mulleres que lle presentan pon os seus ollos en Ester, sobriña de Mardoqueo, que ao quedar orfa foi criada por el. Mardoqueo aproveita a situación da súa sobriña para facer chegar ata o gran rei as súas peticións:

Ester organiza un convite no que invita a Hamán e Axuero, durante o mesmo expón a situación do seu pobo ao rei e deixa en evidencia as intencións do ministro. Axuero atende a petición de Ester, ordena a morte de Hamán e autoriza aos xudeus a que se defendan en caso de que alguén tente facerlles dano, incluso lles permite vingarse e cometer asasinatos masivos contra os seus inimigos.

A festa coa que a comunidade xudía de Mesopotamia celebrou a súa salvación sería a orixe dos Purim.

Valor histórico[editar | editar a fonte]

Os expertos dan por pensar que Ester é, simplemente, un conto moralizante ou un relato que lle daba unha orixe “digna” á festa dos Purim, un simple Entroido. Os argumentos poden resumirse nestes dous elementos:

  • As inexactitudes históricas: excepción feita de Axuero, nas crónicas persas non aparecen os nomes de ningunha das outras persoaxes. Cando sí coñecemos nomes de reinas e altos cargos da corte persa. Ademais algúns referencias a feitos históricos que aparecen no libro como propias do tempo de Axuero, en realizade están separadas por máis de un século.
  • Os decretos do rei, tanto o de exterminio dos xudeus como o que lles autorizaba a vingarse:
    • Os persas eran un pobo tolerante en temas de relixión, respectaban os distintos credos dos pobos que constituían o seu imperio. A mesma Biblia, no Libro de Esdras louvan ao rei Ciro, por permitirlles recuperar a súa terra e o seu templo. Neste contexto non ten sentido un decreto que permitira o exterminio dun pobo por razóns relixiosas.
    • Por razóns parecidas, tampouco ten sentido un decreto que les daba carta blanca aos xudeus para asasinar ao seu capricho a todos os que consideraran inimigos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]