Carta a Filemón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Novo Testamento
para máis detalles vexa Canon bíblico

Evanxeos de:



Cartas Paulinas:



Cartas Católicas:


A carta a Filemón, a máis curta das cartas paulinas, é un breve escrito, pouco máis que unha nota que o apóstolo Paulo lle dirixe a un cristián chamado Filemón.

[editar] Contido

Onésimo, que a tradición cristiá identifica con Onésimo, bispo de Bizancio, cristián e escravo de Filemón, fuxe da casa do seu amo, temeroso das represalias busca a mediación de san Paulo. Este escribe esta carta de recomendación pedíndolle a Filemón que acolla de novo a Onésimo e non o castigue polo que fixo.

[editar] A ensinanza da carta

O que, desde o primeiro momento, provoca máis estrañeza a calquera lector é o feito de que Paulo en ningún momento critica ou cuestiona a escravitude. Máis ben ao contrario, parece que a considera como algo natural e perfectamente compatible coa fe cristiá.

Neste caso, como coa súa postura sobre o papel da muller na primeira Igrexa, parece que pesa máis no autor o ambiente cultural, que daba por normal a escravitude, que a nova fe que predicaba e que tiña como un dos seus puntos claves e máis novedosos a fraternidade e igualdade entre os seres humanos.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas