Marcionismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O marcionismo é unha doutrina cristiá do século II defendida por Marción.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Esta corrente do cristianismo primitivo afirmaba que o Deus da Torá xudía, o Deus de Israel do Antigo Testamento non era o Deus Pai de Xesús de Nazaret. Entrementres o Deus dos xudeus era un lexislador, xusticeiro e celoso, o Creador do Universo material e o causante da enfermidade, a corrupción e o sufrimento, o Deus Pai de Xesús era unha divindade omnipotente, misericordiosa e bondadosa. Xesús non era o Mesías dos xudeus senón o enviado do Deus misericordioso para predicar o amor e ofrecerse en sacrificio para aplacar a carraxe e a xenreira do Deus da xustiza, o Deus creador. Xesús, xa que logo, non se encarnou nin a súa carne resucitou, senón que era unha alma cun corpo aparente, aínda que si sufriu na cruz pero dun xeito non físico ou material.

Marción foi o primeiro pensador critián que se esfozou por establecer un canon de escrituras inspiradas. Rexeitou todas as da Biblia xudía, o Antigo Testamento, e escolleu os escritos que máis adiante formarían o Evanxeo de Lucas sen os relatos da infancia (Xesús, segundo el, non naceu]. Recolleu as cartas de Paulo de Tarso, entre as que non se encontraba a Carta a Tito e a Carta a Timoteo. Isto encirrou ao cristianismo ortodoxo a esforzarse por definir un canon. As súas doutrinas foron consideradas heréticas por Xustino Mártir e Tertuliano.

O marcionismo acadou un éxito notable constituíndo igrexas en diversas latitudes especialmente en Asia Menor e mantívose moi activo durante varios séculos.