Deuteronomio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Deuteronomio é un dos libros da Biblia.

O seu título significa segunda Lei. Recolle, basicamente, as leis polas que se rexe o pobo de Israel.

[editar] Contido

Comeza cunha sección narrativa onde relata parte dos acontecementos que seguiron á Alianza do Sinaí.

Esta narración serve de prólogo á sección central e con diferencia a máis grande, onde se recolen as leis de Israel. Son presentadas como concreción da Alianza e rexen con bastante detalles practicamente tódolos aspectos da vida, tanto pública como privada.

Remata con outra seción narrativa onde relata a fin do éxodo polo deserto e a morte de Moisés no monte Nebo, xa á vista da Terra Prometida, pero sen que Deus lle permita entrar nela.

[editar] Autor

Das catro fontes autoras do Pentateuco (ver Pentateuco), o Deuteronomio é obra exclusiva da deuteronomista.


Libro anterior:
Números
Deuteronomio
(Pentateuco)
Libro seguinte:
Xosué


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas