Libros históricos
Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.
O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presencia de Deus na súa historia.
Índice |
Relación dos libros [editar]
Os libros que conforman este grupo son: Libro de Xosué, Libro dos Xuíces, I Samuel e II Samuel, I Reis e II Reis, Crónicas 1-2, Libro de Esdras, Libro de Nehemías, 1 Macabeos, 2 Macabeos.
Ademais hai que sumarlle os libros episódicos: Rut, Ester, Tobías, Xudit.
Os libros históricos e a historia de Israel [editar]
Todos os libros fan referencia a unha etapa concreta da historia de Israel, segundo o cadro seguinte. A única excepción a constitúen os dous Libros de Crónicas, que son un intento de historia universal, dende a creación ata o momento presente.
| Século | Historia de Israel | Libros históricos | |||||||||
| - XIII | Asestamento na rexión de Canaán das tribos semíticas que formarán Israel | Libro de Xosué | |||||||||
| - XII | As tribos de Israel constitúen unha especie de "federación". Comeza o período dos Xuíces de Israel | Libro dos Xuíces I Libro de Samuel Libro de Rut (episódico) |
|||||||||
| - XI | (-1030) Xaúl, primeiro rei de Israel (-1010 a 970) David, rei de Israel |
II Libro de Samuel | |||||||||
| - X a - VII | (-970 a -931) Salomón, rei de Israel División de Israel entre Reino do Norte e do Sur |
I e II Libro dos Reis Libro de Xudit |
|||||||||
| - VI | (-587 a -539) Desterro de Babilonia | Libro de Tobías Libro de Ester |
|||||||||
| - V | Volta do desterro e reconstrucción do Templo | Libro de Esdras Libro de Nehemías |
|||||||||
| - IV | División do Imperio Macedonio, dominio da dinastía dos Ptolomeos | 1 e 2 Libro dos Macabeos | |||||||||
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns Externas [editar]
- Biblia Católica «On Line» Biblia en varias linguas, incluíndo portugués, grego e latín.