Canon bíblico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O canon bíblico (do grego κανών "kanon", "vara" ou "medida", que vén do hebreo קנה "kaneh"), é a lista de libros que se considera que forman parte da Biblia.

O criterio de canonicidade que se utiliza é a calidade de inspirado por Deus que debe ter o libro. É canónico o libro inspirado por Deus e queda fóra o libro, aínda de temática relixiosa coma o Talmud, que non goza desa inspiración.

A determinación do canon[editar | editar a fonte]

Un criterio tan pouco preciso como o da inspiración non ofrece moitas pistas sólidas para facer unha lista pechada de libros polo que as relixións que teñen a Biblia como libro sagrado: samaritana, xudía, cristiá seguen unha serie de criterios máis concretos á hora de establecer o seu propio canon:

  • A importancia que se lle dá en cada relixión ao contido do libro: os grandes libros, como o Pentateuco ou os Evanxeos nunca tiveron discusión, libros menores, como as Cartas Católicas ou Macabeos, entran e saen do canon segundo as épocas e os autores.
  • A autoría, real ou atribuída, do libro: libros que se alongan da corrente principal da ortodoxia, como o Eclesiastés, viron reforzada a súa posición polo feito de seren atribuídos ao rei Salomón.
  • A consideración tradicional que recibiu o libro.
  • O feito de que o libro xustifique as propias posturas: no debate teolóxico entre fe e obras propio da Reforma protestante, Martiño Lutero, que fai fincapé na fe como imprescindible para a salvación, desprezaba a Carta de Santiago que fai insistencia nas obras chamándoa ‘carta de palla’.
  • O desexo de distanciarse doutras relixións ou ramas da mesma relixión: O Concilio de Trento adoptou un canon longo en contraposición a Lutero e ás igrexas reformadas que optaron por un canon curto.

Distintos canons bíblicos[editar | editar a fonte]

Canon samaritano[editar | editar a fonte]

Os samaritanos, comunidade relixiosa de orixe xudía, que actualmente se atopa no norte de Israel, ten o canon máis curto de todas as relixións bíblicas. Só acepta como inspirada por Iavé e, polo tanto, canónica a Torá, o que coñecemos como Pentateuco: Xénese, Éxodo, Números, Levítico e Deuteronomio.

Canon xudeu[editar | editar a fonte]

O canon xudeu foi fixado definitivamente no Concilio de Iamnia.

Para fixalo utilizouse un dobre criterio que pode ser sintetizado na expresión: lingua sagrada e terra sagrada.

  • Lingua sagrada: só son canónicos os libros escritos en lingua hebrea, o que deixa fora os engadidos aramaicos e gregos do Libro de Daniel ou de Esther
  • Terra sagrada: só son canónicos, ademais, os libros escritos en Palestina.

Este canon daba cabida a menos libros dos que había, por exemplo, na versión grega da Biblia que se usaba na diáspora xudía. Por isto, os libros que abrangue son chamados libros protocanónicos (que podemos interpretar como canónicos de primeira), en contraposición aos libros deuterocanónicos, que serían uns libros de segunda clase.

Dividían os escritos canónicos en tres grupos: Torá (Lei), Profetas anteriores e profetas posteriores.

Torá[editar | editar a fonte]

Xénese, Éxodo, Números, Levítico e Deuteronomio.

Profetas ou Nevim[editar | editar a fonte]

Primeiros profetas:

Últimos profetas:

Os 12 profetas menores:

  1. Libro de Oseas
  2. Libro de Xoel
  3. Libro de Amós
  4. Libro de Abdías
  5. Libro de Xonás
  6. Libro de Miqueas
  7. Libro de Nahum
  8. Libro de Habacuc
  9. Libro de Sofonías
  10. Libro de Axeo
  11. Libro de Zacarías e
  12. Libro de Malaquías.

Escritos[editar | editar a fonte]

Canon católico[editar | editar a fonte]

Fixado definitivamente na Sesión IV (8 de abril de 1546) do Concilio de Trento, en parte como reacción ao canon das igrexas reformadas. É un canon longo, que abrangue todo o canon xudeu máis os engadidos aramaicos e gregos, tamén os chamados deuterocanónicos, e o catálogo máis amplo de escritos cristiáns.