Levítico
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Levítico, en hebreo vaiiqrá, é o terceiro libro da Biblia. Forma parte do Pentateuco, ou Torá para os xudeus. Contén normas relixiosas polas que debía rexirse o pobo de Israel.
Contido[editar]
- Capítulos 1 a 7: leis sobre os sacrificios: clasificación, víctimas axeitadas, comportamento dos sacerdotes.
- Capítulos 8 a 10: leis sobre os sacerdotes, consagración dos mesmos e normas sobre a súas funcións.
- Capítulos 11 a 16: normas sobre pureza legal, condioción dos alimentos para ser puros, pureza legal nas enfermidades, e sobre a roupa ou as casas.
- Capítulos 17 a 23: lei da santidade do pobo, dos sacerdotes e dos días festivos.
- Capítulos 24 a 27: algunhas normas sobre as cerimonias e sobre a blasfemia; leis sociais sobre o xubileo, os anos sabáticos, dezmos e votos.
Autor[editar]
Das catro fontes autoras do Pentateuco (ver Pentateuco), o Levítico é obra exclusiva da sacerdotal.
| Libro anterior: Éxodo |
Levítico (Pentateuco) |
Libro seguinte: Números |