Emblema de Bielorrusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Escudo de Bielorrusia")
Escudo de Bielorrusia.

O Escudo de Bielorrusia (en bielorruso: Дзяржаўны герб Рэспублікі Беларусь, en ruso: Государственный герб Республики Беларусь), que substituíu o escudo de armas histórico Pahonia no referendo de 1995, presenta unha cinta coas cores da bandeira nacional, un mapa de Bielorrusia, espigas de trigo e unha estrela vermella. O escudo é unha alusión ó usado pola República Socialista Soviética de Bielorrusia, deseñado por Ivan Ivanovich Dubasov en 1950. Os emblemas que lembran ós tempos da Unión Soviética tamén se usan polas nacións de Macedonia, Taxiquistán, Usbequistán e Transnistria.

Descrición[editar | editar a fonte]

O emblema nun edificio de Minsk.

Deseño[editar | editar a fonte]

No centro do emblema atópase un contorno verde de Bielorrusia, sobreposto ós raios dun Sol dourado. O Sol está parcialmente cuberto por un globo, coa masa continental (parte de Eurasia) en morado e a auga en azul. Bordeando os lados esquerdo e dereito do emblema hai tallos de trigo, sobrepostos con flores. Os trevois adornan os tallos de trigo da esquerda; Flores de liño adornan a parte dereita. Envolvendo os tallos de trigo hai unha cinta vermella e verde coas cores da bandeira de Bielorrusia; a cinta sobresae na base do emblema, onde o nome República de Bielorrusia (Рэспублiка Беларусь) está inscrito en dourado en bielorruso. Na parte superior do emblema aparece una estrela vermella de cinco puntas.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]