Escudo de Albania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Albania
Coat of arms of Albania.svg
Detalles
Armiger Albania
Adoptado 1992
Escudo Aguia bicéfala de sabre sobre un campo de goles surmontada polo casco de Skanderbeg de ouro.

O escudo de Albania é unha adaptación da bandeira estatal. Está baseado no selo de Gjergj Kastrioti Skanderbeg (1405-1468), heroe nacional durante a loita contra a ocupación otomana. Precisamente o emblema por riba da cabeza da aguia bicéfala é o casco de Skanderbeg, con dous cornos de cabra.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un escudo de armas con fondo de goles, cunha aguia bicéfala de sable (cor negra en heráldica). Coroada cunha representación do casco de Skanderbeg de ouro.

Descrito na Constitución de 1999, foi adoptado oficialmente o 31 de xullo de 2002, en substitución do da antiga República Popular de Albania, de tipo socialista, coa aguia de sable coroada cunha estrela vermella de cinco puntas cercada por feixes de espigas de ouro, ligadas cunha cinta vermella coa inscrición «24 Maio 1944», data do Congreso de Përmet, onde se proclamou Enver Hoxha primeiro ministro do Goberno provisional albanés durante a ocupación nazi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]