Escudo de Ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Versión oficial do escudo de Ucraína

O escudo de Ucraína (en ucraíno: Державний Герб України) está formado por un campo único, de azur, no que aparece de cor ouro representado un motivo que é unha síntese simbólica dunha composición pre-heráldica vinculada coa dinastía gobernante durante o século X e dos elementos heráldicos ucraínos máis antigos que se remontan ó século XII.

Aínda non se determinou con exactitude a orixe e a significación do Tryzub ou "tridente ucraíno", aínda que parecería estar ligado a unha paronomasia (sempre en ucraíno) entre a antiga palabra para liberdade e a palabra para tridente. Así é que esta abstracta figura é denominada comunmente o tridente ( en ucraíno: Тризуб, Tryzub). Foi o máis antigo dos escudos empregados xa que se introduciron numerosos cambios dende o século XIII. Actualmente no se determinaron con exactitude tanto a orixe como o significado do tridente ucraíno aínda que se produciron achádeos arqueolóxicos nos que aparecen figuras de tridentes datados no I a.C

Escudos históricos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]